A Deputación, 1ª institución en responder á petición do comité de Alcoa San Cibrao para evitar o peche da fábrica
– O Presidente anuncia que o Goberno provincial, atendendo á demanda dos traballadores, reclamará no Pleno de setembro unha tarifa eléctrica competitiva
– Besteiro asegura que o Executivo central “ten o respaldo total de todas as forzas políticas, dos traballadores, de toda a provincia, para seguir garantindo o pulmón económico de Lugo”, pero ten que “tomar unha decisión pronto, non pode deixala para outono”
– Cre que sería “incomprensible” levar de San Cibrao a produción por un problema eléctrico tarifario, cando Galicia “é excedentaria en produción eléctrica”
– Subliña a necesidade de definir un modelo produtivo para o futuro: “Hai que empezar a contestarlles ós cidadáns de que vamos a vivir no futuro: do sector primario, o industrial, vamos seguir sendo un país soamente de servizos…”
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este venres que o Goberno provincial levará ó Pleno de setembro unha proposta reclamando a implantación dunha tarifa eléctrica competitiva que evite o peche da factoría da multinacional Alcoa en San Cibrao. Deste xeito, o organismo lugués convértese na primeira institución en responder á petición formal que realizou o comité de empresa da planta cervense de Alcoa a tódolos Concellos da provincia e á propia Deputación para que aprobasen nos seus plenos con carácter urxente unha proposta sobre o establecemento dunha tarifa enerxética competitiva que permita a continuidade da fábrica cervense.
Gómez Besteiro, preocupado porque non se cumprira aínda o compromiso do Ministro de Industria e o Goberno de Feijóo de aprobar unha reforma enerxética, confía en calquera caso en que a decisión do Goberno “chegue e chegue pronto. Non é conveniente deixala para o final, ningún gobernante responsable vai deixar isto para o final”. De feito, o mandatario provincial explicou que, de resolverse antes de setembro o problema, a proposta do Executivo provincial será retirada.
O Presidente asegurou neste senso que o Goberno central “ten o respaldo total de todas as forzas políticas, dos traballadores, de toda a provincia, para seguir garantindo o pulmón económico de Lugo”, pero ten que “tomar unha decisión rápido, non pode deixala para outono” porque Alcoa é unha multinacional “que toma as súas decisión co mapa mundial das súas empresas diante, e nese mapa San Cibrao é importante, pero non vital. Polo tanto, á hora de analizar custes, hai que entender que noutros lugares, como Abu Dhabi, Noruega, Islandia, Brasil, Australia… teñen outro tipo de vantaxes. Os argumentos que ten que poñer encima da mesa España é unha tarifa eléctrica que siga facendo competitiva a factoría de Alcoa en San Cibrao para evitar a súa deslocalización”.
Modelo produtivo de futuro
Besteiro destacou así mesmo a importancia de definir un modelo produtivo para o futuro, pois ó igual que a Deputación enfoca as súas políticas a potenciar o sector primario e o medio ambiente, dado recursos da provincia nestes ámbitos, tamén é preciso que no conxunto do país se aposte pola reindustrialización, da que son son competentes o Goberno central e da Xunta: “Hai que empezar a contestarlles ós cidadáns deste país de que vamos vivir no futuro: do sector primario, o industrial, vamos seguir sendo un país soamente de servizos…”
O mandatario provincial cre tamén que sería “incomprensible para a cidadanía que non soubésemos resolver este problema e que perdésemos o potencial industrial de Alcoa, da que viven máis de 2.000 familias e que supón o 35% do PIB da provincia, por unha cuestión coma esta, tendo en conta que Galicia é excedentaria en produción eléctrica, producimos máis do que consumimos, e exportamos ó resto de España e a Portugal”. Deste xeito, segundo datos do Informe de Rede Eléctrica de España, Galicia xerou o ano pasado 26.621 gigavatios hora, exportando a súa cuarta parte a outras zonas de España e Portugal. Galicia é na actualidade a quinta comunidade en España que máis luz aporta ó conxunto do país.
“Non contar cunha tarifa eléctrica competitiva, que o Goberno de Zapatero garantiu durante anos, supoñería abocar á Alcoa ó peche”, afirmou o Presidente, instando a evitar a deslocalización da multinacional, “que xa se produciu noutros países, como por exemplo Italia, e tamén árabes. Se isto ocorrese aquí, lamentarémonos de non ter feito un esforzo importante por evitalo”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



