A Deputación abrirá en setembro o prazo de solicitude das 70 bolsas de emprego en Europa para mozos lucenses
– Con esta iniciativa, son 150 as becas que a institución impulsou este año para combater a taxa de paro xuvenil que supera o 20%, con máis de 5.300 lucenses menores de 30 anos sen traballo
– Ratificada a modificación do contrato de telefonía coa que se reduce esta factura nun 48%, aforrando 236.000 euros ó ano, “que adicaremos a reactivar a economía e xerar emprego”
– Martínez critica que a Xunta só permita á Deputación contratar unha única persoa para asesorar a parados cando “estamos a formar gratis a 340 de cara a súa inserción laboral”
– O organismo provincial edita o libro “Del Reino de Nápoles a las Clarisas de Monforte de Lemos”, a 1º publicación que recolle a riqueza artística do convento monfortino
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou este venres que a Deputación segue a avanzar na posta en marcha de medidas que combatan a taxa de paro xuvenil na provincia, que xa supera o 20%, con máis de 5.300 lugueses menores de 30 anos sen traballo, segundo datos oficiais do mes de xullo. Deste xeito, na Xunta de Goberno deste venres a institución aprobou iniciar a contratación da xestión das primeiras 50 becas dirixidas a lucenses recén titulados, neste caso, en profesións relacionadas co medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida (bioloxía, medicina, biomedicina, bioquímica, botánica…). Son as becas enmarcadas na programación denominada Lugojob, que se engaden ás outras 20 do proxecto Ticlugo que, pola súa banda, xestionará directamente a Fundación TIC ó seren para rapaces que cursaron, nos últimos tres anos, os seus estudos de Produción ou Realización na Escola de Imaxe e Son, o único centro que imparte ensinanzas superiores da rama audiovisual na provincia. Martínez subliñou que “son, polo tanto, 70 bolsas de emprego para lucenses menores de 35 anos con formación universitaria ou profesional (FP), cuxo prazo de solicitude se abrirá en setembro, unha vez adxudicado o proceso acordado na sesión de hoxe”.
Tanto as becas do Lugojob como as do Ticlugo forman parte do Plan de Formación Leonardo da Vinci. O seu presuposto ascende a 309.000 euros, dos que o 70%, é dicir, 210.000 euros, achégaoos a Unión Europea. “Esta cantidade supuxo que a de Lugo se convertese na Deputación galega que máis fondos comunitarios recibiu para dous programas de bolsas de emprego europeas”, remarcou o voceiro.
Logo da presentación de solicitudes, en outubro, a Deputación realizará o proceso de selección e, en novembro, avaliará cos beneficiados, segundo o seu perfil e curriculum, as empresas de Europa nas que comezarán a traballarán dende xaneiro e durante 3 meses. Estas entidades situaranse en Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa e Reino Unido.
Inserción laboral con 150 becas
O organismo provincial, que asumirá todos os custes do aloxamento no exterior dos mozos, busca con esta iniciativa ofrecerlles, de xeito gratuíto, unha alternativa que contribúa a completar a súa formación con prácticas en prestixiosas empresas europeas co obxectivo de acadar a súa inserción laboral. Hai que ter en conta que coas anteriores bolsas en Europa, as medioambientais de Lug02, obtiveron emprego, logo desta experiencia, o 50% dos seus participantes. Con estas 70 becas Leonardo da Vinci, son case 150 as bolsas de emprego que ofreceu a Deputación no último ano: 18 medioambientais de Lug02, 24 guías medioambientais nas Reservas Terras do Miño e Os Ancares; 30 de innovación; e as 6 de artesanía e deseño.
Rebaixa do 48% dos custes de telefonía
A Xunta de Goberno ratificou a modificación do contrato do servizo de telefonía da Deputación co que se rebaixa a factura telefónica nun 48%, aforrando 236.000 euros ó ano. Martínez explicou que “este aforro é froito dos fondos da Unión Europea que sobemos captar xa que nos permitiron a implantación de mecanismos informáticos para rexistrar as necesidades do servizo telefónico en cada un dos departamentos provinciais”. E é que en base ós completos e rigorosos resultados obtidos de ditas aplicacións, a institución puido establecer cotas máximas de consumo telefónico de ata 25 euros, así como reducir as liñas telefónicas móbiles en 65 e os ADSL en 20. Para elo, tamén se priorizaron as responsabilidade do persoal provincia. Por exemplo, os capataces que controlan os 4.300 quilómetros de rede viaria provincial, que deben estar operativos as 24 horas dos 365 días ó ano, ou as dos traballadores do Parque Móbil, Vías e Obras, así como de Urbanismo, que teñen que desprazarse por todo territorio lugués para acometer o seu traballo. A redución de gastos en telefonía é unha das medidas de reducción de custes correntes que aprobou o organismo lugués no que vai de ano, e coas que se acadou, polo de agora, un aforro de máis de 2,6 millóns de euros “co fin de adicalos a políticas que reactiven a nosa economía e xeren emprego, combatendo o despoboamento demográfico no rural”.
Unha única subvención
A sesión tamén ratificou a subvención que recibiu a Deputación de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar para a contratación dun técnico de información, orientación e busca de emprego, dotada de 14.500 euros. A esta cantidade engádense outros 1.300 euros que achega a institución provincial. Martínez criticou os criterios “pouco obxectivos” da Xunta para a concesión destas axudas, tendo en conta que só permite que a Deputación contrate durante 1 ano a unha única persoa para ofrecer asesoramento laboral a lucenses en paro. “Todo isto, a pesares de que esta institución ten marcha, por exemplo, o Pacto Provincial polo Emprego, o 1º proxecto en Galicia e o 5º en España que recibiu o maior importe dentro do Fondo Social Europeo, con 3,5 millóns de euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea, para a formar a 340 lucenses en paro nas profesións con máis futuro na provincia, ofrecéndolles, de xeito gratuíto, clases teóricas e prácticas en empresas luguesas, ó tempo que reciben unha remuneración de 400 euros ó mes, de cara a súa inserción laboral. A Xunta non parece estar disposta a cooperar nin colaborar con esta institución para facer fronte á taxa de paro na provincia”.
1º libro das obras do convento das Clarisas
A Xunta de Goberno acordou establecer en 44 euros o prezo público do libro “Del Reino de Nápoles a las Clarisas de Monforte de Lemos”. Trátase da publicación editada pola Deputación, que recolle os estudos realizados pola doutora Manuel Sáez sobre os máis 40 entalladores, escultores, marmolistas, doradores, cofreiros, silleiros, entre outros profesionais, que realizaron obras para o VII Conde de Lemos e Virrei de Napóles entre 1610 e 1616. Son pezas de bronce, alabastro, mármol ou marfil, exportas no convento das madres clarisas de Monforte. O voceiro aclarou que “é a 1º publicación sobre a riqueza artista do convento monfortino porque, ata o momento, só existía algunha guía do museo de reducido valor científico. A Deputación de Lugo volta a ser pioneira tamén neste campo co fin de dar conta da nosa riqueza patrimonial ós visitantes e xerar riqueza”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



