RESUMO DO PLENO DE HOXE
Lourenzá, 18 de agosto do 2012-08-17
Retribucións altos cargos municipais
No Pleno celebrado no día de hoxe no Concello de Lourenzá aprobouse por unanimidade eliminar ao Alcalde Vidal Martinez-Sierra e ao tenente alcalde Dino Vidal a paga extra de Nadal en consonancia a eliminación da mesma paga aos funcionarios.
Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización de locais municipais
Esta taxa de recente creación, novembro 2011, quedara incompleta por non regular o uso dos locais do Recinto Feiral. Dende hoxe queda marcada a taxa en 10 €/hora agás para aquelas asociacións do concello que non deberán aboar nada ao igual que no resto dos locais municipal. Aprobada cos votos a favor do PP e do BNG e en contra do PSOE.
ALCOA
Hoxe rexistrouse no Concello a petición de apoio que piden o comité de empresa de ALCOA en relación a tarifa eléctrica que garante os postos de traballo. Neste senso, tendo en conta unha moción partidista e xenérica levada a debate a este pleno polo BNG sobre o que eles din “futuro da mariña”, e no que un dos puntos pedía instar ao Goberno do Estado a poñer en marcha unha tarifa eléctrica que garanta a continuidade da Multinacional ALCOA, tomouse o seguinte acordo por unanimidade:
1.°) Trasladarlle ao Goberno de España a recomendación de impulsar un acordo urxente de prezos entre as empresas produtoras de electricidade e os grandes consumidores, que implique unha minoración dos actualmente vixentes ata o 31 de decembro, e un horizonte superior a cinco anos, que faga posible o desenvolvemento dos plans estratéxicos das industrias afectadas.
2.°) Unha revisión das tarifas de acceso para os grandes consumidores de enerxía que inclúan só e exclusivamente os custos asociados ás redes e aos de operación do sistema.
3.°) Que se manteña o servizo de xestión de interrumpibilidade da demanda.
4.°) Que poña en valor o carácter estratéxico das plantas de Alcoa en Galicia, pola súa produción de alumina e aluminio, polo súa achega ao valor engadido e polo volume de emprego xerado.”
Este é o mesmo acordo que no Pleno do Parlamento do 10 de abril do 2012 se adoptou por unanimidade dos tres grupos da cámara.
Festas Locais
Por unanimidade o pleno acorda manter festivos locais o luns do Conde Santo e o Martes de Entroido para o ano 2012
Ordenanza de Camiños
En vista a alegación que CONFEMADERA presentou no concello en relación a Ordenanza Reguladora do uso e aproveitamento de vías públicas e pistas municipais do concello no tocante ao artigo que recollía a autorización para o depósito, corta, carga e transporte de madeira e os seus derivados e autorización para uso de camiños forestais, o Pleno do Concello por unanimidade considerou atender a alegación e facer extensiva o uso das vías municipais tamén a calquera outra actividade extraordinaria que afecte ao estado ou a conservación destes viais.
A alegación viña a considerar un trato discriminatorio á actividade forestal regular tan só o uso das vías para esta actividade.
Recordamos que a regulación establece unha fianza para o uso das vías municipais que queda fixado en 1€/m con un máximo de 3000 € para os camiños e 2€/m co nun tope de 4.000 €/m para as estradas, sendo o tope máximo da fianza 6000 €.
Esta fianza será devolta nun prazo máximo de 1 mes dende a data en que se reclame a devolución ao Concello e servirá para o arranxo das vías en caso de que o responsable da actividade que se desenvolva non o faga sen prexuízo das accións legais que se tomen.
Por outro lado, hoxe entra en vigor a lei 7/2012 de Montes de Galicia que a través dunha disposición transitoria marca un prazo de 1 ano para adaptar as distancias de plantacións fixadas en ordenanzas municipais as distancias que recolle a propia lei no anexo II, por ese motivo, no pleno de hoxe adoptouse por unanimidade o acordo de modificar o artigo da ordenanza relativo as distancias de plantación para que estas se ateñan ao disposto a normativa autonómica (Lei de Montes e Lei de defensa e prevención de incendios forestais)






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



