O PP segue a denunciar o modelo do bipartito como opción de goberno porque implica un malgasto evidente: O reparto de poder entre socialistas e nacionalista detrae recursos públicos que poderían destinarse a outras necesidades máis prioritarias en tempos de dificultade económica
O custe en salarios do Goberno bipartito da Deputación de Lugo similar ao da Xunta pese a xestionar un orzamento case cen veces inferior
Os soldos do equipo de goberno de Besteiro na Deputación de Lugo ascenden a 557.135 euros, unha cifra moi próxima á que se destinan aos soldos de todos os conselleiros da Xunta e o seu presidente.
Mentres que a Xunta conta cun presuposto de gasto para 2012 de 9.135 millóns de euros, a Deputación de Lugo tan só dispoñía de 93 millóns de euros, 98 veces menos.
Lugo, 3 de setembro de 2012.- Comparando as remuneracións que perciben os membros do Equipo de goberno da Deputación de Lugo e ás que reciben os oito conselleiros da Xunta e o seu presidente atopámonos cun dato moi significativo: o gasto en salarios do goberno bipartito de Jose Ramón Gómez Besteiro custa case tanto como todo o da Xunta pese a que a entidade provincial xestiona un orzamento case cen veces inferior ao da administración autonómica.
Os soldos do equipo de goberno de Besteiro na Deputación de Lugo ascenden a 557.135 euros anuais, unha cifra moi próxima á de os oito conselleiros da Xunta e o seu presidente, cuxo custe ascende a 614.612 euros, tan só 57 mil euros máis. Mentres que o gasto en salarios ofrece cifras moi aproximadas, non son comparables outros datos como os relativos á capacidade orzamentaria. Mentres que a Xunta conta cun presuposto de gasto para 2012 de 9.135 millóns de euros, a Deputación de Lugo tan só dispoñía de 93 millóns de euros, 98 veces menos.
A DEPUTACIÓN CUSTA CASE OITO VECES MÁIS
En resume, cada un dos 2,7 millóns de galegos teñen que achegar 0,22 euros para sufragar os soldos do seu goberno autonómico. Pola contra esta cifra se dispara no caso da Deputación de Lugo, pois cada lucense (esta provincia ten unha poboación de 337.000 persoas) ten que destinar 1,65 euros para soster os salarios dos privilexiados membros do goberno bipartito provincial, case oito veces máis caros que a Xunta.
BIPARTITO= DOBRE GASTO
Os populares lucenses ofrecen este novo dato que corrobora a denuncia na que veñen insistindo nos últimos días: o modelo do bipartito implica un dobre gasto para os cidadáns. A necesidade de repartir o poder entre socialistas e nacionalistas leva a multiplicar o custe que para os cidadáns teñen os gobernos bipartitos, malgastando recursos en salarios dos seus dirixentes e detraendo cartos públicos que poderían ser destinados a outras necesidades moito máis prioritarias en tempos de dificultade económica.
AMPLO EQUIPO DE GOBERNO PROVINCIAL
Afondando nas cifras, o PPdeLugo explicou que do equipo de goberno da Deputación está composto por un presidente, Jose Ramón Gómez Besteiro e dous vicepresidentes (un nacionalista e outra socialista) ademais de cinco deputados delegados das distintas áreas. No Goberno da Deputación tamén participan tres persoas máis, dous deputados socialistas con dedicación exclusiva e un máis do BNG, con dedicacións tan diversas nas áreas de medio ambiente, enerxías renovables e cultura, turismo, normalización lingüística e patrimonio histórico. O custe total que para os lucenses ten este equipo bipartito supera o medio millón de euros. Pero a cifra é moito maior se temos en conta que hai varios deputados do bipartito que sen dedicación exclusiva, si participan nas reunións do goberno provincial, e cobran por asistencia a plenos, comisións informativas, … etc.
Custe do equipo de goberno da Deputación de Lugo:
PRESIDENTE 63.502,46
VICEPRESIDENTA 57.518,30
VICEPRESIDENTE 57.518,30
D. COOPERACIÓN E ASISTENCIA AOS CONCELLOS 50.391,04
D. ECONOMIA, RECADACIÓN E FACENDA 25.737,32
D. GOBERNO INTERIOR 50.391,04
D.XESTIÓN TERRITORIAL 50.391,04
D.ECONOMÍA DO COÑECEMENTO, EMPRENDEDORES E INNOVACIÓN 50.391,04
DÚAS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS DO PSOE 101.135
UNHA DEDICACIÓN PARCIAL DO BNG 50.391,04
Total Deputación de Lugo: 557.366,58
Total 8 conselleiros e presidente da Xunta: 614.612,52 €
CÚPULA DO PSOE A SOLDO DA DEPUTACIÓN.-
A todo este elevado custe dos membros do Goberno bipartito provincial teríamos que engadir o dos comisarios políticos nomeados a dedo polo PSOE en postos de libre designación. De feito pode asegurarse que o 40% da executiva provincial lucense está a soldo da Deputación pese a que os membros dedican máis tempo a tarefas de partido que a desenvolver o seu traballo no ente provincial.
Os integrantes da Executiva lucense do PSOE a solda da Deputación son: Juan Carlos González Santín (secretario de organización o PSOE) que percibe un mínimo de 50.657,30 euros, Pablo Rivera Capón (secretario de redes e innovación do PSOE), e Alfonso Orol Castro (secretario de acción electoral do PSOE) con soldos de 34.527 euros ó ano respectivamente.
Tamén o actual secretario de Educación e Lingua da Executiva provincial socialista, Jose Carlos Ferreiro Otelo, percibe un salario mínimo de 37.800 euros na súa condición de asesor en comisión de servizos como profesor.
A estes catro membros da cúpula do PSOE cuxo soldo pagan todos os lucenses hai que engadir os 50.391,04 euros que percibe da Deputación Álvaro Santos Ramos, que ten recoñecida unha dedicación exclusiva e ostenta a secretaria de deportes do PSOE lucense.
Tamén Javier Cerquero González (da comisión de control económico do PSOE) comparte o privilexio de formar parte da cúpula socialista (neste caso da Comisión de Control Económico) e o luxo de percibir unha remuneración da Deputación por importe de 41.474,02 euros.
No caso específico de Jose Piñeiro Díaz, membro tamén da executiva socialista, na súa condición de secretario de administración e que se sabe que traballa para o Gabinete de asesores do PSOE no ente provincial pero descoñécese a contía e método polo que percibe a súa remuneración.
En situación similar a este, e elevando o custe total, estarían os asesores de libre designación nomeados polo BNG, a outra parte do goberno bipartito provincial.
.




















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



