A Deputación reanuda en Riotorto as melloras na vía de acceso á N-640, bloqueadas pola Xunta durante dous anos
– Foi o tempo que tardou a o Goberno galego en resolver as expropiacións no 30% dos terreos necesarios para completar as actuacións na CP 5501, que conta con 3.000 usuarios ó ser o principal acceso á estrada que une esta zona coa capital luguesa
– Pola contra, a Deputación axilizou as expropiacións do 70% das fincas restantes e avanzou nas obras. Pero, completadas as actuacións ata onde o permitía a Lei, o Executivo galego paralizounas porque, un ano máis tarde, aínda non resolvera as expropiacións pendentes
– Martínez, García e Acebraz supervisaron os traballos nos que o organismo provincial inviste 1,5 millóns de euros, eliminando curvas e mellorando o trazado con aglomerado
O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, xunto co Alcalde en funcións no Concello de Riotorto, José García, e a Concelleira Sandra Acebraz, supervisaron este martes as melloras na CP 5501, de As Rodrigas ó Marco de Alvare, que vén de reanudar a institución provincial logo de que a Xunta bloqueados pola Xunta durante dous anos. Foi o tempo que tardou o Xurado de Expropiacións, dependente da Consellería de Infraestruturas, en resolver as expropiacións imprescindibles para poder continuar e completar estas obras.
Manuel Martínez salientou que “a cronoloxía dos feitos non deixa lugar a dúbidas”. Xa en setembro de 2010 e tal e como solicitaron os propietarios, a institución luguesa remitía a dito departamento autonómico a documentación para dictaminar o xustiprezo do 30% dos terreos necesarios para realizar a totalidade estes traballos. Ó mesmo tempo, o organismo provincial iniciaba o proceso de expropiación do 70% das fincas restantes, é dicir, coas que cuxos donos había acordo. Isto supuxo, que a Deputación puidese iniciar as melloras na CP 5501 en abril de 2011 ó actuar, exclusivamente, na zona expropiada mentres esperaba o dictame do Xurado. Nembargantes, en agosto dese mesmo ano, o Goberno galego obrigou a paralizar estas actuacións porque aínda non tiña resoltas as expropiacións pendentes, facendo que a institución luguesa non puidese, tal e como dice a Lei, proseguir cos traballos.
A resolución do departamento dependente da Consellería de Infraestruturas non tivo lugar ata xuño deste ano. Por este motivo, unha vez realizados todos os trámites administrativos legais, a Deputación retomou agora as melloras nesta estrada provincial, que rexistra 3.000 usuarios, dende riotortense a veciños de núcleos da Pontenova ou Trabada, ó ser o principal acceso á N-640, que une esta zona coa capital luguesa.
1,5 millóns de euros
Manuel Martínez avanzou que o presuposto que adica o organismo lugués a estes traballos é de 1,5 millóns de euros. Desta cantidade, a institución achegou 440.000 euros para a expropiación dun total de 194 fincas e 1.060.000 euros para as actuacións de mellora dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,800. Son, polo tanto, case 6 quilómetros nos que se eliminan curvas, se mellora o trazado con aglomerado en quente, se ensancha o vial ata os 8 metros e se sitúa sinalización horizontal e vertical.
Obras moi demandadas
O Deputado remarcou que os veciños viñan demandando melloras na CP 5501 dende hai máis de 20 anos, sendo xa unha “débeda histórica. Durante este tempo, escoitamos ducias de promesas, todas elas incumpridas. O Partido Popular, estando na Deputación, enganou ós veciños ó incluír estas obras no famoso Plan de 50 millóns de euros, para o que non tiñan nin cartos nin terreos. Finalmente, logo dos enganos dos populares e do bloqueo ó noso traballo por parte dos seus compañeiros na Xunta, nos vindeiros meses por fin veremos concluídas estas actuacións”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



