“Viveiro recibiu máis 24.000 visitantes nos meses de xullo e agosto”
“Os datos turísticos de Viveiro, reflexan que o noso Concello iguala o número de turistas de anos anteriores, mantendo a Viveiro, con este bo resultado, como referencia turística da Costa de Lugo” declarou Bernardo Fraga, Tenente de Alcalde do Concello de Viveiro
Viveiro, 05 setembro 2012. Bernardo Fraga, facilitou esta mañá, os datos turísticos do Concello de Viveiro. A área de turismo do Concello de Viveiro, destaca os resultados turísticos neste verán de 2012. Foron máis de 24.000 ás persoas que nos meses de xullo e agosto, pasaron a recoller información polo punto de información turística do Concello de Viveiro.
Os dados igualan os recollidos en anos anteriores co que se confirma a boa saúde turística de Viveiro, “Viveiro como Capital da Mariña, segue a ser a referencia turística da nosa Comarca, e descata como un dos puntos de máis visitantes de todo o norte de Galicia” destacou Bernardo Fraga.
Os datos revelan un destacable incremento de visitantes do 12 por cento na segunda quincena de agosto, duplicando ademais os visitantes extranxeiros durante esta quincena. Ademais os visitantes proveñen de 35 nacionalidades distintas, destacando en primeiro lugar Francia cun número de visitantes próximo aos 1200. E a continuación, Francia, Italia, Reino Unido, Alemaña e Portugal.
En canto aos visitantes do Estado Español, destaca en primeiro lugar, Madrid, que supón o 36 por cento do total de visitantes, a continuación Galiza, Castela León, Euskadi e Catalunya.
Ademais, temos que engadir aos presentes datos, os visitantes durante o Resurrection Fest, que conforme aos datos facilitados pola empresa organizadora, pasaron polo recinto de Lavandeiras, entre os tres días un total de 30.000 persoas.
“O turismo local, goza de boa saúde, e é un bo síntoma de que Viveiro, conta con servizos hoteleiros de calidade, unha hostelería e un comercio de primeiro nivel, garantía de que co esforzo conxunto de todos os sectores implicados, Viveiro seguirá a ser a referencia turística do Norte de Galiza durante moitos anos”





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



