TÁBOAS ENTRE O BURELA FS E O AZKAR LUGO (4-4)
O Burela FS Pescados Rubén recolleu onte un meritorio empate no seu desprazamento a Lugo, na presentación dos transportistas (4-4). “As sensacións do partido foron moi boas; notouse que o traballo se vai plasmando pouco a pouco na pista. Tacticamente o equipo funcionou, en posesión e circulación de balón e defensivamente estivemos acertados, con moitos minutos coa portería a cero” analizou o adestrador laranxa, Julio Delgado.
Nunha cita na que reinou o equilibrio e unha intensidade pouco habitual en pretempada, foron os laranxas os que tomaron a dianteira, na primeira parte, coa transformación dun penalti de Juanma (minuto 12).
Tras o descanso, a escuadra laranxa, sen Hugo e Nacho Pedraza, axiña puido ampliar a vantaxe ao 0-3 xa no minuto 23, con tantos do Mariskal, novamente, e Fabio. Excedido o ecuador do período, Christian recuperou as distancias co 1-4, tras a leve recuperación transportista, nas zapatillas de Bruninho (minuto 30). “O Azkar adiantou lixeiramente as liñas nos últimos minutos e puido empatar por desaxustes puntuais, emendables sen problemas” valorou Julio Delgado: “O 2-4 chegou nunha xogada de estratexia, o desgaste dos minutos condicionou o 3-4 e o empate chegou nun penalti” puntualizou o técnico.
Ficha técnica
Azkar Lugo: César, Diego Núñez, Jhony, Cuco e Adrián, no cinco inicial; tamén xogaron Iago Rodríguez, Jandri, Bruninho, Aranburu, Antonio, Cospe, Alex Diz, Juanpe, Solloso, Illi e Óscar Iglesias.
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, André, Juanma e Iago Míguez, no cinco inicial; tamén xogaron Enrique, Dani Martín, Christian, Antón, Fabio e Iago Barro.
Árbitros: Cid Bragado e González Armada (comité galego)
Goles: 0-1, minuto 12, Juanma (penalti); 0-2, minuto 22, Juanma; 0-3, minuto 23, Fabio; 1-3, minuto 30, Bruninho; 1-4, minuto 32, Christian; 2-4, minuto 33, Aranburu; 3-4, minuto 35, Alex Diz; 4-4, minuto 38, Aranburu (penalti)





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
