- Este mércores houbo novo taller de reciclaxe na Casa do Mar dentro do programa de voluntariado Coida Cervo
Os pequenos elaboraron coas súas mans uns comedeiros para paxaros con botellas de plástico recicladas, entre outras actividades.
- 'Go home' de Etiqueta Negra, este venres, 24 de maio, no Pastor Díaz de Viveiro
Trátase dunha comedia orientada para público adulto. Go Home é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, protagonizado por David Amor e Josito Porto. A cita será ás 20:30 h. Venda de entradas: de luns a xoves, no teléfono 982560162 en horario de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, ou na taquilla unha hora antes da función.
- Novo éxito de 'Charlando' de 'Arruguiñas'
O local social da asoc. Xubilados Terramar, na Casa do Mar de San Cibrao, encheuse para desfrutar dunha motivadora e interesante charla a cargo da traballadora social e coach, María José Nóvoa e da psicóloga, Sonia Nogueiras.
- O Trío Acacia actúa este sábado no Centro Cultural Santa Emilia de Mondoñedo
A cita será ás 20h. Entradas en www.santaemilia.es.
- O Ribadeo Fútbol Club convoca eleccións á presidencia da entidade
O prazo de presentación de candidaturas finalizará o día 10 de xuño ás 17:00 horas. Ese día celebrarase asemblea xeral de socios do club -ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda- en cuxa orde do día estará a elección de presidente/a de o Ribadeo FC. Os interesados en presentar candidaturas deben dirixirse aos directivos Pedro Pousada (622.50.30.98) ou Víctor López (660.94.79.65).
- A Ponte de Arante celebrou esta fin de semana a Romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego
Deu comezo o sábado co pregón pronunciado por Roberto Rodríguez, e seguiu este domingo co bandeo do pendón e o cuarto xantar de irmandade, entre outras actividades. Ata a Ponte de Arante se achegaron o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, os alcaldes de Ribadeo e de Trabada, Dani Vega e Rubén García, concelleir@s ribadenses, deputados provinciais e autonómico, e senador por Lugo, así como ducias de veciñas e veciños das 7 parroquias de Ribadeo e Trabada, que lembran deste xeito unha data histórica.
- Inauguración na Sala das Carboeiras de Sargadelos da mostra Photo Xuntanza
Unha exposición colectiva na que participan: Fotonavia é unha asociación creada en Navia (Asturias), Os Potiños de O Carballiño, Grupo Asemeya de Xixón, Asociación Os Negativos de Viveiro e Vicente Ansola, como convidado especial. O prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional. Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada que non deixará indiferente a ninguén e que se poderá visitar os sábados e domingos de 16:00 a 20:00 horas, ata o 16 de xuño.