A XUNTA DE GALICIA REITERA AO COMITÉ DE EMPRESA ALCOA NA MARIÑA QUE TRABALLA SEN DAR PASOS ATRÁS PARA QUE SE CONCRETE UNHA TARIFA ELÉCTRICA DIFERENCIADA QUE FACILITE O MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO E A PERMANENCIA DA FACTORÍA NA COMARCA
![]()
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e os alcaldes de Cervo e Xove mantiveron unha xuntanza cos representantes do comité, aos que se lles indicou que o Executivo galego non vai a renunciar a esta factoría e aos traballadores vencellados a ela
Cervo, 11 de setembro de 2012.- A Xunta de Galicia mantén o seu apoio decidido para a permanencia da factoría de Alcoa na Mariña. Así llo transmitiu a delegada territorial do Executivo galego na provincia, Raquel Arias, acompañada polos alcaldes de Cervo, Alfonso Villares, e de Xove, Demetrio Salgueiro, aos representantes do comité de empresa da factoría ubicada na Mariña.
Durante a xuntanza, transmitíuselle ao comité de empresa que a Xunta de Galicia está a traballar sen dar pasos atrás para que se concrete unha tarifa eléctrica diferenciada para grandes consumidores de enerxía, como é o caso da empresa Alcoa ubicada na Mariña, facilitando así unhas condicións que permitan o mantemento dos postos de traballo e a permanencia da factoría na comarca costeira de Lugo.
Arias e os dous rexedores fixeron fincapé en que o traballo que se está a levar a cabo dende o Executivo galego ten como premisa que Galicia non pode en ningún caso renunciar á factoría, renunciar a eses postos de traballo.
Segundo se indicou por parte dos representantes institucionais, a Xunta considera á factoría de Alcoa na Mariña unha peza fundamental para a economía da Mariña e da provincia de Lugo, na que representa arredor da terceira parte do PIB. Por este motivo, reiterouse que existe un compromiso máximo por parte do Executivo galego para a supervivencia da factoría.
Así, asegurouse que dende o goberno galego desenvólvese un traballo constante e decidido e estase en conversas permanentes co Ministerio de Industria para trasladarlle a relevancia deste gran consumidor de enerxía eléctrica e a importancia de que esta factoría de Alcoa na Mariña poida ter un tratamento axeitado como tal. Neste sentido, mantense a confianza en que, por riba dunha resposta acelerada, o fundamental é conseguir unha solución que proporcione estabilidade a longo prazo para a permanencia da fábrica e o mantemento dos postos de traballo.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



