PRECAMPAÑA: Facendo un chamamento para que homes e mulleres se sumen ao proxecto compartido de construír un mundo máis solidario
Os populares lucenses elexiron Ribadeo para levar a cabo dous encontros sectoriais con Concelleiras e Asociacións de mulleres
O Presidente provincial, José Manuel Barreiro, o Secretario Xeral, e demáis representantes do PP lucense, acompañaron a Susana López Abella en ámbolos dous encontros
Os populares lucenses apostaron por compartir opinións e suxestións de cara a dar unha mellor resposta aos retos do día a día para unha maior e mellor presenza feminina en tódolos ámbitos da vida social e profesional
Ribadeo, 11 de setembro de 2012.- O salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo foi o lugar escollido polos populares lucenses para albergar, esta tarde, dous encontros sectoriais: un deles con Concelleiras e outro con Asociacións de mulleres.
A primeira cita, tivo lugar ás 19 horas, onde as mulleres, edís da Mariña, mantiveron un encontro de traballo co Presidente Provincial, José Manuel Barreiro e coa Coordinadora de Benestar el Política Social, Susana López Abella. Un acto no que tamén estivo presente o Coordinador Provincial de campaña e Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro.
De seguido, ás 20 horas, os dirixentes populares reuníronse coas principais Asociacións de mulleres da comarca, onde se abordaron distintos asuntos relacionados co ámbito de actuación destes colectivos.
Os populares lucenses quixeron amosar o seu convencemento de que avanzar na igualdade de oportunidades é progresar na configuración dunha sociedade máis equilibrada e solidaria e apostaron por compartir opinións e suxestións de cara a dar unha mellor resposta aos retos do día a día, na procura dunha maior e mellor presenza feminina en tódolos ámbitos da vida social e profesional.
Concluíron os populares lucenses facendo un chamamento a que homes e mulleres se sumen ao proxecto compartido de construír un mundo máis solidario, máis equilibrado e sen discriminacións e tamén a multiplicar esforzos e recursos para poñer en valor o excelente traballo que están a desenvolver as mulleres, coa súa cada vez maior presenza -en moitos casos por riba do colectivo masculino- en ámbitos como a política, a xestión das administracións públicas, ou na participación activa dentro dos colectivos sociais.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



