Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela queremos “felicitar” ao concelleiro de obras D. Manuel Fernández Valle, por ter rematado con éxito o arranxo do tobogán do parque Rosalía de Castro, non era sen tempo.
Recordar que o 20 de Abril uns vándalos o destrozaban deixándoo inutilizado para o uso dos nenos. En vistas de que non había movementos dende o Departamento de Obras e Servizos do Concello de Burela, o PSdG-PSOE decide sacar unha nota de prensa un mes despois, xa que có bo tempo o parque é un fervedoiro de nenos, pais e nais, que queren disfrutar das instalacións do parque Rosalía.
A intención desa nota de prensa era dar a coñecer o deterioro do tobogán, e que se intentara así axilizar o labor de este Concelleiro, responsable da situación. Nós somos conscientes de que “las cosas de palacio van despacio”, e máis con este equipo de goberno que temos. Nesta ocasión, despois de cinco longos meses …. lógrase comprar e atornillar a peza rota con éxito. ¡¡PARABÉNS, polo seu esforzo e adicación para o pobo de Burela!!. Agora só falta que limpe o parque en condicións para que os nenos poidan disfrutar das instalacións sen ningún risco.
Noutro orde de cousas, seguimos a asistir atónitos ó uso que se fai do Grupo Municipal de Intervención Rápida (GRUMIR) por parte do “equipo” de goberno, xa que vimos de enterarnos de que agora faise uso deste servizo como se foran choferes oficiais do equipo de goberno, xa que fai algunhas fechas requiriuse por parte dunha concelleira do equipo de goberno a súa presenza en Cervo a modo de choferes oficiais.
Esta actuación parécenos unha tomadura de pelo para os veciños e veciñas de Burela, e o máximo responsable do Concello, Sr. Barcia, debe de dar explicacións deste asunto, ben por estar enterado do mesmo e consentilo, o que nos parece moi grave, ou o que nos parecería aínda máis grave que non estivera enterado desta situación, o que nos faría pensar que o Sr Barcia non se entera do que fan os membros do seu equipo de goberno e o uso que fan dos servizos dos veciños e veciñas do noso pobo con fins particulares.



















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



