MEMBROS DO EQUIPO DE GOBERNO, DO BURELA FS E DA LIGA NACIONAL DE FÚTBOL SALA SUPERVISARON HOXE AS INSTALACIÓNS DO PAVILLÓN VISTA ALEGRE, ONDE MAÑÁ O EQUIPO LOCAL INICIA A TEMPORADA NA DIVISIÓN DE HONRA.
Burela, 14 de setembro de 2012. O alcalde de Burela, o presidente do Burela FS, os concelleiros de Deportes e Obras, membros da directiva do Burela FS e da Liga Nacional de Fútbol Sala visitaron esta mañá o pavillón Vista Alegre de Burela e supervisaron as obras realizadas ao longo das últimas semanas “co obxectivo de adaptalo ás esixencias da división de honra do fútbol sala”.
O rexedor, José Mª González Barcia, explicou que “onde había grada de cemento colocáronse butacas, ademáis procedéuse a acondicionar o palco de autoridades e a grada elevada adiantóuse o suficiente como para que todas as persoas que se ubiquen nela poidan ver toda a vista desde esa posición”. O investimento realizado ascendeu a uns 10.000 euros, “que foron asumidos en boa parte polo Concello de Burela. O que queremos é que o clube xogue nas mellores circunstancias posibles dentro da situación actual que estamos a vivir”.
Barcia tamén indicou que “o Concello está a acondicionar as instalacións de A Marosa para que a SD Burela tamén afronte esta temporada nas mellores condicións posibles”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
