6.000 € EN DIETAS DO ALCALDE DE BURELA
No Pleno que se celebrou onte en Burela demostrouse, unha vez máis, que o equipo de goberno do PP se caracteriza pola súa nula xestión: ningún proxecto novo, ningunha iniciativa de novas obras e servizos, nada de nada. Só dous temas, de puro trámite administrativo, para encher un Pleno que evidenciou a falta de traballo e xestión do grupo de goberno: a adxudicación definitiva do servizo de axuda no fogar (un punto que, obrigatoriamente, debe de aprobarse en Pleno pola cantidade económica de que se trata) e a aprobación dun protocolo do ano 2006 sobre coordinación dos distintos axentes de seguridade e axentes sociais para a violencia de xénero (o tema a aprobar era simplemente adherirse a ese protocolo pero sen medidas concretas nin nada de nada.)
Polo tanto, un Pleno baleiro de contido que evidencia a falta de traballo e a incapacidade do equipo de goberno do PP para xestionar o noso concello.
Pero, para o que si serviu este Pleno é para coñecer, a través dos decretos de Alcaldía dos que se dá conta no Pleno, o moito de viaxa o sr. Alcalde a conta dos cartos de todos os veciños e veciñas de Burela.
Nun Decreto de finais de agosto figuran 29 facturas por dietas do Alcalde correspondentes a viaxes a Lugo, Santiago, Coruña, Madrid… das que descoñecemos os motivos da viaxe ou as xestións realizadas nas mesmas.
Pero isto non é algo novo. Se por algo se caracteriza o actual equipo de goberno do PP en Burela, e o Alcalde por enriba de todo, é polo seu gusto por viaxar a conta dos cartos de todos. Ante as nosas preguntas nos Plenos sobre os obxectivos e resultados destas viaxes, o Alcalde sempre elude a resposta e contesta que está facendo xextións para o Concello de Burela. Sen embargo, a realidade demostra que isto non é certo porque nada novo vemos: ningunha nova obra, ningún novo proxecto, ningún novo servizo.
E ante isto, dende o BNG, imos presentar unha pregunta por escrito para que o Alcalde nos explique o motivo das viaxes realizadas, as xestións levadas a cabo e os resultados para a nosa vila desas viaxes.
No que vai de ano 2012, de xaneiro a agosto, o Alcalde pasou facturas por dietas de 52 viaxes que nos van custar a todos os veciños e veciñas de Burela case 6.000 € (case un millón das antigas pesetas). Á parte dos 3.000 € que nos custa o Alcalde cada mes, agora temos que pagar todos case 6.000 € máis polo gusto por viaxar e facer turismo que ten o sr. González Barcia.
Pero, o que é máis grave, de todas estas viaxes e desprazamentos a Lugo, Coruña, Santiago, Madrid…, nada sabemos que fai o Alcalde nelas porque non vemos, no día a día, que Burela teña novas obras, novos proxectos ou novos servizos. Entón, que fai o Alcalde nesas viaxes, que xestións realiza, que temas vai tratar?
Se algo temos claro todos os veciños e veciñas de Burela, porque así o repiten día si e día tamén o Alcalde e o seu equipo de goberno, é que non hai cartos para nada: non hai cartos para luz e hai que apagar farolas, non hai cartos para as activades dos maiores, das mulleres e das Escolas deportivas municipais e por iso hai que cobrarlles aos usuarios, non hai cartos para a cultura ou o deporte, non hai cartos para nada e por iso hai que cobrar por todo (polas instalacións municipais e deportivas, por casar…).
Pero, curiosamente, para que o Alcalde viaxe, non sabemos con que obxectivo e sen ningún resultado visible, para aí si que hai cartos: case 6.000 € nestes últimos oito meses.
Dende o BNG imos pedir explicacións claras e detalladas das xestións realizadas nesas 52 viaxes do Alcalde no que vai de ano. Porque se o Alcalde gasta cartos de todos os veciños e veciñas de Burela, ten que dar explicacións deses gastos: viaxes a Madrid que custaron máis de 800 €, viaxes a Medina del Campo de máis de 300 €, viaxes día si e día tamén a Lugo de 70 € cada día, viaxes a Santiago de máis de 100 € cada día…e, o que nos parece máis ruín e indecente políticamente falando, cobrar tamén por representar ao pobo de Burela nas homenaxes que en Coruña e Santiago se fixeron ao policía burelés que faleceu a comezos de ano en acto de servizo.
O Alcalde ten que dar moitas explicacións sobre este despilfarro en viaxes que non nos aportan nada para Burela. Porque non hai cartos para servizos sociais, non hai cartos para a cultura e o deporte, non hai cartos para novas obras… pero si hai case 6.000 € para que o Alcalde os cobre por viaxar nos oito meses que van de ano polo mundo adiante, non sabemos para que nin por que.
——————-
DIETAS ALCALDE
|
Decreto |
Data Factura |
Lugar |
Euros |
||||
| Nº 75 (12/02/2012) |
10/02/12 |
Lugo – Secretaría Xeral Igualdade |
77,45 |
||||
|
10/02/12 |
Lugo – Deputación |
53,95 |
|||||
|
10/02/12 |
Santiago e A Coruña |
101,74 |
|||||
|
10/02/12 |
Madrid – FITUR |
459,82 |
|||||
|
10/02/12 |
Lugo – Deputación e Otea |
73,9 |
|||||
|
10/02/12 |
Lugo – Consellería do Mar |
75,45 |
|||||
|
10/02/12 |
Lugo – SGAE e Deputación |
78,55 |
|||||
| Nº 245 (29/03/2012) |
29/02/12 |
Lugo – Deputación |
73,9 |
||||
|
29/02/12 |
Santiago – Consellería Sanidade |
92,52 |
|||||
|
29/02/12 |
Lugo – Deputación e Coruña avogados |
84 |
|||||
|
29/02/12 |
Santiago – Presidente da Xunta |
111 |
|||||
|
29/02/12 |
Santiago – Urbanismo e Coruña avogados |
117,73 |
|||||
|
29/02/12 |
Lugo – Deputación |
73,9 |
|||||
|
29/02/12 |
Portos e Medio Ambiente |
112,85 |
|||||
| Nº 257 (10/04/2012) |
31/03/12 |
Lugo – Consellería de Educación |
73,9 |
||||
|
31/03/12 |
Madrid – Ministerio Fomento |
87,95 |
|||||
|
31/03/12 |
Lugo – Deputación e Coruña avogados |
82,7 |
|||||
|
31/03/12 |
Lugo |
39,9 |
|||||
|
31/03/12 |
Lugo |
73,9 |
|||||
|
31/03/12 |
Lugo – varias reunións |
73,9 |
|||||
|
31/03/12 |
Santiago – Dir. Xeral Administ. Local |
114,42 |
|||||
|
31/03/12 |
Lugo |
39,9 |
|||||
|
31/03/12 |
Santiago – Patrimonio |
108,37 |
|||||
|
Nº 576 (22/08/2012) |
03/04/12 |
Subdelegación do Goberno |
72,15 |
||||
|
09/04/12 |
Lugo – Empresa Cofrico |
72,15 |
|||||
|
10/04/12 |
Coruña – Plan Rede Azul e Santiago homenaxe Rodrigo Maseda |
83,3 |
|||||
|
12/04/12 |
Lugo – Comercio, Rural, Educación |
72,15 |
|||||
|
13/04/12 |
Lugo – Deputación |
164,95 |
|||||
|
17/04/12 |
Santiago – DX. Adm. Local e Patrimonio |
112,32 |
|||||
|
20/04/12 |
Lugo – Deputación e Catastro |
72,15 |
|||||
|
26/04/12 |
Lugo – Estradas e Deputación |
57,18 |
|||||
|
02/05/12 |
Santiago – Portos |
117,57 |
|||||
|
07/05/12 |
Santiago – Estradas |
173,1 |
|||||
|
10/05/12 |
Lugo – Deputación |
39,3 |
|||||
|
16/05/12 |
Lugo – Patrimonio e Estradas |
39,15 |
|||||
|
18/05/12 |
Lugo – Deputación |
197,5 |
|||||
|
05/02/12 |
Santiago – Consorcio Galego e Begonte |
110,27 |
|||||
|
? |
Coruña e Lugo |
102 |
|||||
|
13/06/12 |
Lugo – Fomento |
72,15 |
|||||
|
21/06/12 |
Santiago – Consellería Medio Ambiente |
110,87 |
|||||
|
29/06/12 |
Ferrol – cerimonia Chilreu |
70,87 |
|||||
|
09/05/12 |
Madrid |
422,43 |
|||||
|
29/05/12 |
Lugo – Deputación |
39,4 |
|||||
|
06/06/12 |
Santiago – Vivenda |
113,67 |
|||||
|
06/07/12 |
Lugo – Otea |
38,15 |
|||||
|
11/07/12 |
Santiago – Consellería Presidencia |
110,27 |
|||||
|
15/07/12 |
Medina del Campo |
349,95 |
|||||
|
18/07/12 |
Santiago – Egap e Portos |
110,27 |
|||||
|
25/07/12 |
Santiago – medallas Castelao Rodrigo Maseda |
76,27 |
|||||
|
31/07/12 |
Lugo – presentación Feira do Bonito |
38,15 |
|||||
|
10/08/12 |
Lugo – Xunta e Deputación |
38,15 |
|||||
|
13/08/12 |
Lugo – Monsa |
38,15 |
|||||
|
TOTAL |
5. 395,69 |
||||||



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



