O equipo laranxa queda a un palmo da vitoria ante Triman (2-3)
O equipo laranxa caeu (2-3) no seu feudo ante un ordenado Triman Navarra que aproveitou as súas oportunidades e de paso tirou de fortuna ao recoller un erro de Cánovas xogando como porteiro xogador que significou o terceiro na conta navarra. O adestrador burelao, Julio Delgado cualificou o resultado do duelo de “tremendamente inxusto” e lamentou “non dispor dun maior acerto en certos momentos, aínda que en xeral teño que felicitar o meu equipo”. Pola súa banda, Arregui eloxiou a bancada: “Vista Alegre é espectacular” e advertiu que “puido gañar calquera. O partido estivo moi igualado ata o último momento, cando eles cometeron ese pequeno erro”.
Vista Alegre vestiuse de gala para recibir o seu segundo partido na máxima categoría. Preto de 1.300 espectadores encheron o pavillón mariñán. Recibiu o primeiro o equipo local sen apenas tempo para colocarse nos asentos (0-1. Minuto 1) logo dun fallo defensivo laranxa que aproveitou Carlitos á perfección. O Burela FS Pescados Rubén non se veu abaixo e apertou con acerto, apoiado por unha bancada que animou constantemente os seus. Tras varias ocasións, foi Mimi o que puxo a igualada no electrónico (1-1. Minuto 12), pero Rafa Usín volveu adiantar a Triman tras a continuación (1-2. Minuto 22). A insistencia dos laranxas obtivo os seus froitos no minuto 30 da man de Dani Martín (2-2) e logo de ocasións sucesivas duns e outros.
O choque igualouse a medida que o tempo chegaba ao seu fin. Dani Martín tívoa nun par de ocasións. Julio Delgado apostou entón por utilizar xogo de cinco e Enrique Cánovas perdeu o balón nun lance desafortunado que deixaba só a porta baleira a Ximbinha, que non fallou e puxo o definitivo 2-3 no marcador.
Ficha do partido
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, André, Iago Míguez e Hugo. Tamén xogaron: Nacho Pedraza, Enrique Cánovas, Dani Martín e Christian
Triman Navarra: Asier, Javi Eseverri, Jesulito, Roberto Martil e Carlitos. Tamén xogaron: Araça, Iván, Jonathan Vilches, Rafa Usín e Ximbinha
Goles: 0-1 (minuto 1) Carlitos, 1-1 (minuto 12) Mimi, 1-2 (minuto 22) Rafa Usín, 2-2 (minuto 30) Dani Martín e 2-3 (minuto 39) Ximbinha.
Cartóns: Mimi, Javi Eseverri, Rafa Usín e Dani Martín.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
