O PSdeG denuncia que “xa é a terceira adenda que o PP pide no convenio de Barreiros, para non facer nada”
-A Xunta comprometeuse por escrito en abril de 2009 a aportar 5,6 millóns para solucionar os problemas urbanísticos e leva tres anos e medio solicitando aprazamentos
– O candidato pola Mariña José Ramón Val estivo na estrada Reme-Vilamar, para a que o PP prometera 500.000 euros e só fixo “un rebacheo en período electoral”
O PSdeG de Lugo deu conta esta mañá dos continuos incumprimentos do goberno de Feijóo co concello de Barreiros a pesar de “terse colgado medallas e anunciar a bombo e platillo” a solución dos problemas urbanísticos no municipio. Así, o candidato socialista pola Mariña José Ramón Val denunciou que “o gobernó da Xunta xa vai pola terceira adenda solicitada no convenio de Barreiros asinado en 2009, é dicir, que segue pedindo aprazamentos para non poñer cartos nin facer nada”, mentres o concello “cala e asinte”.
A Xunta anunciara a supresión das medidas cautelares sobre 44 licencias concedidas e a posta a disposición de 5,6 millóns pola súa parte, ademáis de 7 por parte do propio concello e dos promotores e 1,2 pola Deputación. “A día de hoxe nada sabemos máis alá desas adendas que a Xunta solicita ao convenio para non facer nada, o que leva a que a situación sexa moito peor que hai tres anos, porque nada se sabe desas obras recollidas no convenio centradas en saneamentos, abastecementos e construcción de beirarrúas, e as empresas que ían aportar cartos para esas obras estan moitas delas nunha moi dificil situación, en moitos casos con expedientes de regulación de emprego”, lamenta Val, que destaca que “a única administración que sempre deu a cara foi a Deputación, que ten os cartos consignados á espera de que a Xunta mova ficha”.
José Ramón Val, xunto con outros membros do grupo municipal socialista, escolleron a estrada Reme-Vilamar para censurar as actuacións da Xunta, xa que está situada nunha das parroquias do interior do Concello, “se cabe das máis prexudicadas porque a inversión nela foi nula, non se ampliaron os saneamentos nin os abastecementos de auga e as infraestruturas viarias deixan moito que desexar”, explica Val. A estrada Reme-Vilamar, a pesares de ser a conexión interior entre os concellos de Barreiros e Ribadeo co Val de Lourenzá, está “en moi malas condicións a pesares de que o conselleiro de territorio comprometera 500.000 euros” para o seu asfaltado. “O único que se fixo foi un rebacheo coincidindo con este periodo electoral no que nos atopamos”, lamenta o candidato socialista.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



