Remata unha fin de semana de estrea de actividades lúdicas e deportivas
-O Un, dous, tres…responda outra vez e o I Torneo de Pádel encheron de vida a última fin de semana de setembro
Cervo, 1 de outubro de 2012-O Concello de Cervo fixo balance das novas actividades postas en marcha ao longo desta fin de semana no municipio. Por unha banda, celebrouse a primeira recreación en Cervo do Un, dous, tres…responda outra vez e, por outra, desenvolveuse o I Torneo de Pádel. Ambas actividades “comezaron con moi bo pé” asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xa que nos dous casos, “a resposta foi positiva” e cando unhas iniciativas que veñen de nacer contan con afluencia de público e participación “significa que é un bo camiño a seguir” engade o rexedor.
A lembranza do clásico programa de televisión, que tivo lugar o domingo pola tarde, conseguiu convocar a un cento de persoas no Auditorio da Casa da Cultura. Tres parellas, todas mulleres, participaron no concurso, que se desenvolveu coa mesma mecánica que o programa orixinal.
Antes de comezar, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, fixo unha intervención co obxectivo de homenaxear aos maiores, xa que o acto foi organizado precisamente para conmemorar o Día Internacional das Persoas de Idade. No seu discurso, Armada destacou o relevante papel que teñen os maiores na sociedade e o imprescindible que é recoñecelos o valoralos. Tamén convidou a todo o público a gozar da iniciativa.
Despois da intervención da edil, comezou a primeira parte do concurso, que consistiu en tres roldas de preguntas nas que se repetían as míticas frases do programa, mentres unha azafata realizaba o reconto de puntuacións e a Tacañona facía soar o seu chocallo cada vez que había un fallo ou remataba o tempo. Unha vez finalizadas as roldas e coñecidas as puntuacións de cada parella, comezou a segunda parte, na que se sucederon os espectáculos cómicos e as actuacións musicais, que serviron para traer probas e pistas ás concursantes. Ao remate tivo lugar a tradicional poxa, na que as gañadoras, Margarita Rey e Lidia Pernas tiñan que ir desbotando premios e quedarse cun só.
Polo escenario pasaron imitacións de cantantes como Rafael, Julio Iglesias, Alsaka ou Azúcar Moreno, que se mesturaron con actuacións con voz en directo de artistas locais como Maika e Amaya e os bailes das Mexicanas do Porto Alegre. Tamén houbo confusións totalmente premeditadas como a presentación de David Bisbal no escenario, sucedida pola entrada da azafata disfrazada de home que lle facía as beiras á presentadora e que acudiu a unha pitonisa para que lle lera o futuro no amor.
“A resposta do público foi inmediata, e víaselles pasalo ben en todo momento” explica a edil de Servizos Sociais, “ao igual que as concursantes, que foron moi competitivas e se involucraron no programa ao 100%”. O mesmo ocorreu co tecido empresarial cervense, “que se implicou doando produtos que despois se converteron nos premios do programa”. Por todo iso, “xa estamos pensando en darlle continuidade” explica a edil.
I Torneo de Pádel
Ao longo de toda a fin de semana, dende o venres ata o domingo, desenvolveuse a primeira edición do Torneo de Pádel en Cervo. Unha competición na que participaron 20 parellas compostas na meirande parte por persoas que practican este deporte habitualmente, polo que “o nivel foi moi bo” asegura a edil de Deportes, Yolanda Pedreira. Ao mesmo tempo, a concelleira destacou a afluencia de xogadores, “especialmente tendo en conta que se trata dun torneo que acaba de arrincar e que aínda ten moito tempo por diante para darse a coñecer”. Aínda así, a delegada de Deportes lembra que o límite posto pola organización era de 24 parellas. Pedreira tamén salientou que xa na primeira edición participaron xogadores doutros concellos da Mariña, como Xove, Viveiro, Burela ou O Vicedo.
O torneo remataba onte pola noite, cando se disputou a final de Jacobo e Marcelo Gradeille contra Joaquín Gillén e Marcos Gómez. Estes últimos impuxéronse por 3-6, 6-3 e 6-4 e proclamáronse os gañadores, recibindo senllas pás de pádel e trofeos de Gudín. Os segundos clasificados levaron paleteiros e trofeos.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
