GONZÁLEZ BARCIA AFIRMA QUE O CONCELLO TRABALLA NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DAS CASAS BARATAS. O ALCALDE E O CONCELLEIRO DE OBRAS REUNÍRONSE COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS PARA REPASAR OS PASOS DADOS E OS QUE QUEDAN POR DAR. O REXEDOR AGARDA QUE BEGASA SOTERRE O TENDIDO AÉREO “NUN PRAZO RAZONABLE”.
Burela, 4 de outubro de 2012.- O alcalde de Burela, José María González Barcia, afirmou que “estamos a traballar na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do barrio das Casas Baratas, no que se refire ao ámbito competencial do propio Concello”.
O alcalde burelés fixo estas declaración despois de reunirse coa directiva da Asociación de Veciños das Casas Baratas, xunto co concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e o técnico municipal. Na reunión, que tivo lugar no mesmo barrio, os asistentes fixeron un repaso do procedemento para poder levar a cabo unha ARI nas Casas Baratas. González Barcia manifestou que “a parte que lle corresponde ao Concello vai a bó ritmo: temos delimitado o ámbito de actuación, o número de vivendas afectadas, as deficiencias que tén cada unha desas vivendas, e elaborada unha ficha por cada unha das mesmas”.
Así, o rexedor indicou que “a ARI, nun principio, e tendo en conta que este non é un proceso breve, senón que leva un certo tempo, afectaría a cento dúas vivendas, incluindo os conxuntos de San Juan Bautista e Antonio Garelly. Estes inmobles dan a seis rúas ou prazas, e nas fichas individualizadas, elaboradas pola oficina técnica do Concello, constan as deficiencias atopadas en cada unha das vivendas, tanto no que se refire á súa estructura, coma ao seu interior, fachadas, tellados, etc”.
Barcia manifestou que “o traballo de recopilación de datos entendemos que é bastante completo, ainda que deberá ser revisado pola Xunta. A directiva da Asociación de Veciños coñece perfectamente os pasos que hai que dar para levar a cabo a ARI, e é coñecedora dos pasos que se levan dado e dos que quedan por dar; teño que decir que tamén é consciente do papel que como asociación pode e debe desempeñar en todo este proceso, que reitero non é precisamente rápido”.
Na mesma reunión, o alcalde comprometeuse a colocar placas co nome de certas rúas, dado que as existentes foron retiradas hai tempo por diversas circusntancias. Asimismo, o alcalde manifestoulle aos membros da Asociación de Veciños que “Barras Eléctricas pode levar a cabo o soterramento do tendido de subministro eléctrico nun prazo razonable; a canalización soterrada leva anos feita, e parece que ninguén se acordou dela hasta hai uns meses, o que resulta increible. Os técnicos de Barras están verificando as obras realizadas para detectar posibles deficiencias, ainda que confío que sexan as mínimas e fácilmente solucionables”.
Finalmente, González Barcia lembrou que na súa etapa anterior asinou un convenio coa Consellería de Agricultura do último goberno Fraga para realizar actuacións nas Casas Baratas e na Rúa do Cancelo, sufragadas ao cento por cento pola Xunta de Galicia.























Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



