A CIG-Metal esixe dos gobernos galego e español unha aposta firme pola defensa dos empregos e a continuidade da produción na fábrica de Alcoa
A central considera unha burla a visita do Ministro de Industria, que se negou a concretar que medidas adoptará o Goberno español até dentro de 20 días, unha vez celebradas as eleccións galegas
San Cibrao, a 4 de outubro de 2012
A CIG considera unha burla e un acto puramente electoralista a visita que o martes realizou o Ministro de Industria á fábrica de Alcoa na Mariña, xa que non achegou nin unha solución concreta ao problema da tarifa eléctrica –reclamada pola empresa- nin un compromiso firme que garanta a continuidade da produción do aluminio nas plantas de San Cibrao e A Coruña, así como dos empregos, con independencia das decisións que poida tomar a multinacional norteamericana.
O Secretario da CIG-Metal de Lugo, Antonio González, critica as nulas perspectivas de futuro traídas polo titular de Industria, xa que a única concreción que fixo José Manuel Soria referiuse a que non será até dentro de 20 días (unha vez pasados os comicios galegos) cando se tome unha decisión a este respecto. E non será até xaneiro de 2013 cando o goberno poña en marcha un sistema–que non quixo concretar en que consistirá- a través do que supostamente quedará garantida a viabilidade das fábricas de Alcoa.
Neste senso, cómpre subliñar que as palabras do propio Conselleiro de Industria, Javier Guerra, asegurando que o futuro de Alcoa no noso País non vai depender da tarifa eléctrica, poñen en dúbida a efectividade de calquera medida adoptada dende a administración e as propias intencións da multinacional.
“Seguimos estando igual, ou peor, pero con menos tempo”, valoraba González, tras da visita do Ministro e da reunión que o Comité mantivo onte mércores coa dirección da planta de San Cibrao. Para o responsábel do Metal, tamén resulta curioso que o director da fábrica cualificase agora de meramente “orientativa” a data do 5 de outubro fixada pola empresa como tope máximo para obter unha solución.
Para González resulta unha burla que o ministro realice esta visita en plena precampaña electoral para non esclarecer nada e deixar na máis absoluta incerteza o futuro de miles de postos de traballo, x que até dentro de 20 días non se anunciarán medidas. Ao mesmo tempo entende que se trata dun malgasto de cartos públicos, xa que o acto supuxo un enorme custe económico en medidas de seguridade e recursos materiais e humanos, nun momento no que o PP se vale do emblema da austeridade para aplicar brutais recortes en servizos básicos, dereitos e prestacións.
Con estas montaxes propagandísticas, os gobernos do PP volven demostrar que non lles interesa o futuro da industria do aluminio galego nin os miles de empregos que dela dependen. Cómpre subliñar que o Ministro viaxou até A Mariña pero se negou a visitar a planta de Alcoa na Coruña e tan só aceptou recibir durante uns breves minutos a un representante do Comité, ao que só lle trasladou boas palabras.
A CIG volve reclamar da Xunta e do Goberno estatal un compromiso firme na defensa dos postos de traballo e un esforzo para garantir o futuro da actividade industrial nas comarcas da Mariña e da Coruña.
Ante esta situación, a central nacionalista invita aos traballadores/as de Alcoa a que participen na manifestación que a CIG ten convocada hoxe, xoves 4 de outubro, en contra das políticas de recortes e axustes aplicadas polos gobernos do PP. A marcha sairá ás 20:00 horas da Casa do Concello de Foz.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



