A xestión do secretario xeral do PSOE nefasta para a economía e o emprego
Balseiro lembra que Rubalcaba formaba parte dun goberno que deixou 24 mil millóns de euros de pufo no sistema eléctrico
Este déficit puxo entre as cordas a empresas grandes consumidores de enerxía como Alcoa ao ter que renegociar á alza a súa factura eléctrica
A Mariña, 6 de outubro de 2012.- José Manuel Balseiro Orol, deputado autonómico e actual número tres da candidatura do PP ao Parlamento de Galicia dixo hoxe que o principal problema de Alcoa foi o PSOE despois de qué durante as suas duas lexislaturas no goberno multiplicaran por 17 o déficit na tarifa eléctrica.
Balseiro fixo esta reflexión cando esta prevista a visita á Mariña de Alfredo Pérez Rubalcaba, de quen lembrou formaba parte dun goberno que deixou esos 24 mil millóns de euros de pufo no sistema eléctrico. Este desorbitado deficit puxo entre as cordas a empresas grandes consumidores de enerxía como Alcoa ao ter que renegociar á alza a súa factura eléctrica.
PSOE=PROBLEMAS, PP=SOLUCIÓNS
Balseiro contrapón a xestión do secretario xeral do PSOE que foi nefasta para a economía e o emprego coa que esta desenvolver o actual goberno galego capitaneado polo seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que esta a actuar como principal aliado dos intereses de Alcoa, da permanencia da sua actividade e da continuidade dos seus traballadores.
Nesta liña o deputado popular lembrou a súa intermediación ante o Ministerio de Industria que permitiu que se adquiran unha serie de compromisos que ofrecen unha alternativa esperanzadora, ben acollida pola empresa que retirou o seu ultimátum de peche, para garantir o futuro da actividade desta compañía en Galicia grazas á articulación dunha nova tarifa eléctrica competitiva logo do remate da vixencia do actual contrato.



















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



