Segunda derrota do S.D. Ribadeo SALGA KURSAL contra uns veteranos da liga.
O S.D. Ribadeo SALGA KURSAL formado de novo por Raúl, Carlos e Diego (na foto atacando de dereita) non puido cun experimentado Oroso- Josmar Vulco que demostrou moitas táboas e calidade.
O partido comezou ben para os de Ribadeo, gañando o primeiro set do partido cun Carlos moi elevado e concentrado, especialmente co seu golpe de topspin de revés.
Pero a partir de aí a experiencia e solidez do equipo visitante impúxose, anotándose os demais sets con autoridade.
A inexperiencia dos ribadenses na máxima categoría faise notar e o equipo ribadense colócase xa que logo penúltimo da táboa logo de dúas xornadas.
Con practicamente toda a liga por disputar, o S.D. Ribadeo SALGA KURSAL afronta con optimismo a tempada, aínda que é sabedor da dificultade que terá lograr cada vitoria.
O club conta este ano cos servizos dun adestrador de alto nivel, Salvador Afonso Rodriguez, que adestra tanto a nenos como a maiores todos os venres e cuxa labor seguro que aos poucos irá dando os seus froitos.
Pola súa banda, o conxunto de 2ª autonómica, Ribadeo Restaurante San Miguel, logrou unha vitoria axustada en casa ante o Cidade Narón Bermejo Branco por 4 a 3.