O G.M. do PP DENUNCIA QUE OS ERROS DERIVADOS DO MAL FUNCIONAMENTO DOS SERVICIOS DO CONCELLO ESTAN A SER PAGADOS POLOS VECIÑOS.
Dende o G.M. do PP vimos a denunciar o prexuízo que se esta a causar dende o Concello a aqueles dos nosos veciños/as que mensualmente reciben o SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, e que, como consecuencia do deficiente funcionamento dos servizos municipais, nos meses de outubro e novembro vense obrigados a aboar o pago conxunto de dúas mensualidades en vez da mensualidade corrente.
Nestes días os veciños/as beneficiarios deste servizo publico municipal de axuda no fogar están a percibir unha comunicación na que, dende a Concellería de Servizos Sociais se lles informa de que por mor a “causas alleas aos servizos municipais, desde o mes de agosto non se están a pasar os recibos do servizo de axuda no fogar, de aí que nos meses de outubro se lles cobre as mensualidades de xullo e agosto, en tanto que en novembro se lles cobrará as de setembro e outubro. Pois ben, dende o G.M. do PP entendemos que invocar “causas alleas aos servizos municipais”, en todo caso descoñecidas e ocultas, non é máis que un intento do Concelleiro responsable deste departamento por escorrentar o vulto e liberarse de responsabilidades, o que por outro lado xa é costume deste Goberno Municipal; agora ben, cumpre recordarlles que non hai causas alleas ao Goberno municipal, xa que todo o que acontece no Concello en relación a prestación dos servizos municipais é responsabilidade deles, os cales son sempre responsables, xa directamente, polas súas accións e actuacións, xa indirectamente polas súas omisións e neglixencias, de toda a actuación municipal; reiteramos que, de principio non hai nin existen causas alleas aos servizos municipais nin ao equipo de goberno que lles permitan xustificar o incorrecto funcionamento dos servizos públicos, e para o hipotético suposto de que puidera habelas, esas causas terían que terse solucionado no seu momento e os veciños/as deberían ter sido informados oportunamente das mesmas, e non se debería ter esperado dende o Concello máis de catro meses para intentar solucionar, unilateralmente e sen explicación algunha, o que non deixa de ser unha deficiente prestación do servizo municipal.
En todo caso e habida conta que o prexuízo para os cidadáns dende o Concello xa esta causado, o que hai que intentar é que este sexa o menor posible, de aí que dende o G.M. do PP lle pidamos ao equipo de Goberno que reconsidere esta actuación e a modifique no senso de facilitar aos veciños/as afectados a posibilidade de facer fronte ao abono destas mensualidades atrasadas en pagos fraccionados durante 6 ou 12 mensualidades, deste xeito as súas economías, na meirande parte dos casos XA moi debilitadas, no se verían obrigadas a soportar un esforzo económico tan grande nun espazo tan breve de tempo.
Dende o PP pedímoslle ao equipo de Goberno municipal que se adique máis a controlar a correcta prestación dos servizos municipais, que amosen unha maior dilixencia na xestión ao fronte do Concello e que en todo caso os erros, xa sexan derivados da actuación directa do Concello xa se deban a omisión dos deberes por parte do equipo de goberno, en ningún caso se traduzan nun prexuízo maior para os cidadáns.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



