A opción pola que optaron a maioría dos electores o pasado domingo nos comicios ao Parlamento Galego foi a de non votar a ningunha forza política. Esa opción arrasou, superando en 178 mil apoios ao segundo clasificado, ao campión dos perdedores, o PP, que foi a formación que acadou máis apoios, seguida do PSOE e de EU-Anova. A continuación aparece o BNG e a distancia UPyD e Sociedad Civil y Democracia. Case nada.
En cifras, o domingo día 21, en Galicia, máis de 832 mil electores elixiron non votar a ningunha das forzas que se postulaban, preto de 654 mil avalaron as propostas do PP, 293 mil foron fieis ao PSOE, 200 mil votaron por EU-Anova e, finalmente, o BNG acadou menos de 150 mil votos. A desconexión dos cidadáns coa clase política galega é evidente. Alguén non se decata ou non lle interesaba decatarse dende hai anos.
A nivel comarcal, na Mariña, con respecto aos comicios do ano 2.009, so EU-Anova gañou votos, máis de 3.500. As demais forzas, todas, perderon apoios, o PSOE máis de 5.100, o PP quedou sen 2.100 e o BNG perdeu 3.380 votantes. Incluso os que triunfaron perderon apoios, porque gañaron os que non votaron.
A desconexión entre a clase dirixente e os cidadáns é total. Uns non conectan nin co seu propio pobo porque os seus intereses están en Madrid e iso queda en Castela. Outros non teñen conexión nin coa súa propia organización porque descoñecen onde están. Outros non saben onde se dirixir, si ir a babor, a estribor, a popa ou, mellor, quedar na proa. Son dos que andan por cuberta a ver si cae algo. Outros teñen intereses na falla de conexión co pobo polo seu propio ben, é a maioría dirixinte, asalariada, que controla a derrota e a deriva, só polo seu interese económico. En novembro, comeza a conta atrás.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



