CARAS NOVAS NOS ADESTRAMENTOS MASCULINOS
O Burela FS Pescados Rubén terá dúas caras novas nos seus adestramentos durante as dúas próximas semanas, o novísimo ala, Diego Suárez, procedente do Avilés Sport, e o determinante ala-pivote brasileiro Cesinha, que chega da Superliga Rusa.
Diego Suárez Pazos, de 22 anos, xa tivo a oportunidade de coñecer hoxe o traballo do cadro laranxa. O ala zurdo, que destaca pola súa habilidade e desbordo, declarouse “moi ilusionado con chegar a Burela e poder adestrar cun equipo de elite”. O Pescados Rubén puido medirse aos avilesinos, de Terceira División, no Trofeo Vila de Ribadesella.
Cesar Augusto May Xavier, de 28 anos, incorporarase ás sesións burelistas mañá. O ala-pivote deu o salto ao fútbol sala ruso dende o Brasil hai cinco anos. Tras unha tempada no Politech de San Petersburgo, disputou dúas superligas no CSKA Moscú, para regresar despois ao Politech, nos dous últimos exercicios.
Próxima cita
O I Torneo Triangular de Castropol reunirá o Burela FS Pescados Rubén e o Azkar Lugo durante o parón ligueiro de Primeira División. Será o sábado 27 de outubro, no polideportivo da localidade asturiana de Barres, a partir das 19.00 horas. Tamén participará o conxunto anfitrión, CD Marino de As Figueiras, que compite categoría provincial.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
