A Permanente de Espazo Ecosocialista realizou unha primeira análise dos resultados
das eleccións autonómicas:
Os ecosocialistas galegos chaman á cidadanía a mobilizarse
masivamente na folga Xeral do 14-N para frear as políticas de recortes
O éxito de Alternativa Galega de Esquerda osixena o
Parlamento e impide unha maior vitoria electoral do PP
A Permanente de Espazo Ecosocialista reunida hoxe mércores 24 de outubro fixo un
primeiro balance do resultado electoral das pasadas eleccións autonómicas e da
campaña de Alternativa Galega de Esquerda.
Os ecosocialistas galegos láianse a vitoria electoral do Partido Popular que o único
que demostra é que aínda existe un alto grao de desafección política tal como o
demostra o crecemento da abstención (situada nun 36,2%) e o volume numeroso de
votos en branco e nulos que, co 2,69% e o 2,55% respectivamente, se converten na
quinta e na sexta opcións electorais por riba doutras forzas que se presentaron a estas
eleccións.
Para Espazo Ecosocialista esta desafección no electorado da esquerda supón que
non se foi capaz de mobilizalo, coa conseguinte vitoria do Partido Popular malia as
súas políticas de recortes e de ter caído máis de 100.000 votos con respecto ás
autonómicas anteriores.
As causas desta desmobilización hai que buscalas fundamentalmente na inexistencia
dunha oposición parlamentaria durante a pasada lexislatura, mesmo nalgúns casos de
máxima urxencia como o das caixas de aforros, cun seguidismo do goberno por parte
dos grupos da oposición que foi asentando na cidadanía a idea dunha carencia de
alternativa.
Con todo, o devalo en votos e porcentaxe do Partido Popular indica un rexeitamento
claro das súas políticas, rexeitamento que a cidadanía debe seguir a expresar na rúa
para frear o desmantelamento do estado social e democrático. A primeira
oportunidade para iso é a próxima folga xeral convocada polas centrais sindicais para
o 14-N, que debe ser un exercicio masivo contra as políticas de axuste.
O feito de que o PP teña a súa maior caída no voto urbano, ata o punto de que se
hoxe fosen as eleccións municipais non gobernaría practicamente ningunha das
grandes cidades e vilas medianas de Galicia, é un síntoma claro de esgotamento do
proxecto da dereita.
Espazo Ecosocialista quere amosar a súa satisfacción polo resultado espectacular
de Alternativa Galega de Esquerda, que non só irrompe con forza no Parlamento,
converténdose na terceira forza da cámara con 200.000 votos e 9 deputados, senón
que o consegue con poucas semanas de existencia e con escasos recursos.
O éxito de AGE demostra a necesidade de novos referentes para a cidadanía, recolle
parte da desafección que doutro xeito tería amplificado a vitoria electoral do PP e,
sobre todo, osixena un Parlamento necesitado de maior pluralidade política.
Os resultados nas cidades, que a sinalan como segunda forza nalgunha delas, sinala
a conexión de AGE cos sectores máis dinámicos do país, especialmente coa
mocidade.
Para Espazo Ecosocialista, o noso candidato, Xosé Manuel Beiras, foi quen de
catalizar, grazas á súa traxectoria política e ética, o descontento social, pero, ademais,
a aposta da unidade na pluralidade actuou como un elemento mobilizador.
A superación da división nacionalismo/non nacionalismo a través dun proxecto
nacional é fundamental nunha etapa na que o eixo social e democrático adquiren
preponderancia. Por iso cómpre seguir avanzando en maiores graos de unidade.
Para Espazo Ecosocialista, a coalición AGE vai ter que asentarse nesa cultura plural
da esquerda onde convivan a esquerda independentista, a esquerda federalista e a
esquerda nacional renovadora,construíndose de xeito estable e ligada aos
movementos e organizacións sociais para canalizar as súas demandas e propostas.
Espazo Ecosocialista reunirá o seu Consello Político Nacional o próximo sábado 27
de outubro, que afondará máis nesta primeira análise de urxencia e onde fixará os
seus obxectivos inmediatos tanto no referente ao traballo de AGE como ao do propio
partido




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



