O EQUIPO DE GOBERNO ASEGURA QUE O BIPARTITO DEIXOU MORRER AS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS E DESTACA A COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO E OS CENTROS DE ENSINO PARA COMPARTIR OS PAVILLÓNS.
Burela, 26 de outubro de 2012. O equipo de goberno asegura que o bipartito deixou morrer as escolas deportivas municipais e acusa aos socialistas de montar incendios para seren os bombeiros en alusión ás críticas vertidas nas últimas horas sobre a falla de auga quente en dous pavillóns de Burela.
Desde o Grupo Municipal do PP consideran que “os socialistas están fora da realidade e non se enteran de nada, porque desde hai un tempo no pavillón dos institutos hai gasoil e coma consecuencia hai auga quente. Parece que non se enteran ou que non practican moito deporte nin no pavillón dos institutos nin no pavillón dos Castros, en ningún dos dous. No dos Castros houbo unha avaría puntual nun termo que se solventou en catro días”.
Os populares comprenden que “non teñen moitos motivos para facer oposición porque as cousas se están a facer, dentro do que cabe, razoablemente ben. E aproveitan calquera ocasión para facer ruido e montar un incendio para seren os bombeiros. As cousas están indo ben e senón que lles pregunten aos directores dos institutos para ver o grao de colaboración acadado co Concello de Burela. Como compartimos o uso desas instalacións se chegou a un acordo moito mellor que o que había co bipartito e senón que lle pregunten aos directores”.
O equipo de goberno pídelle ao PSOE que “co tema do deporte non fagan nada porque eles foron os que deixaron morrer as escolas deportivas municipais de Burela, que agora existen. Nin o equipo de fútbol sala, nin as escolas deportivas Porto de Burela, nin a SD Burela poderán queixarse da colaboración que se presta por parte do Concello, porque senon é con cartos é a través de obras e a participación está ahí”.
Para os populares “é moi fácil facer demagoxia. Os señores do PSOE vénse moi pouco polos actos deportivos de Burela, van moi pouco por eles. Como non teñen nada que decir aproveitan a mínima e encima chegan tarde”.



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



