A XUNTA DE GALICIA DESTINA 270.000 EUROS A FINANCIAR O MANTEMENTO DO EMPREGO DE TRABALLADORES CON DISCAPACIDADE EN ENTIDADES DA PROVINCIA DE LUGO
Trátase dunha ducia de centros especiais de emprego que contan no seu cadro de persoal cun mínimo do 70% de persoas traballadoras con discapacidade
A Consellería de Traballo e Benestar desenvolve programas específicos para a integración laboral do colectivo, ben a través deste tipo de entidades ou subvencionando a súa contratación nas empresas ordinarias
Cogami ou a Rede Galega de Kioscos figuran entre as entidades beneficiarias, que crean postos de traballo en toda a provincia
Lugo, 15 de novembro de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, destinou este ano 273.200 euros a financiar o mantemento de postos de traballo para persoas con discapacidade en centros especiais de emprego da provincia. Mediante este investimento, a Xunta asume parte dos custos salariais dos traballadores dunha ducia de centros especiais de emprego da provincia de Lugo.
Estes centros promoven empresas produtivas, participan regularmente nas operacións do mercado e aseguran empregos remunerados, coa característica de que o seu cadro de persoal debe estar constituído polo maior número de persoas traballadoras con discapacidade que permita a natureza do proceso produtivo e, en todo caso, polo 70 % daquel -sen ter en conta o persoal sen discapacidade dedicado aos servizos de axuste persoal e social-.
Entre as entidades beneficiarias figuran algunhas amplamente recoñecidas, como as promovidas por Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), como a Rede Galega de Kioscos, Coinco ou Grafinco, que realizan actividades no sector gráfico e a informática.
Os centros especiais de emprego crean postos de traballo en toda a provincia, como claramente reflicte o caso da Rede de Kioscos e corroboran outras iniciativas subvencionadas, tales como Aparcamentos A Mariña ou Produtores de Carne da Ribeira Sacra.
A Consellería de Traballo e Benestar desenvolve liñas de acción específicas para lograr a integración laboral das persoas con discapacidade, sobre o convencemento de que o acceso ao emprego é tamén elemento decisivo para á súa integración social.
Inclusión na empresa ordinaria
As axuda ás empresas galegas pola contratación indefinida de traballadores, que establece a Xunta de Galicia, increméntanse no caso de que o contrato se asine cun traballador ou traballadora con discapacidade.
Ademais, neste suposto resulta subvencionable tamén a contratación temporal, sempre que a duración do contrato sexa de polo menos doce meses, ou ben a contratación se realice no marco dun programa de emprego con apoio.























Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.



