Nota de Prensa
O PP DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DA ESTRADA DE XOVE A MONTE
• O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, pide unha actuación inmediata da Deputación
• O voceiro adxunto do GPPP, José María González Barcia, afirma que a Deputación incumple os seus propios acordos
Xove, a 11 de abril de 2009.- O Partido Popular denunciou hoxe, cunha visita do alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, e o voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, o estado lamentable que presenta a estrada de Xove á parroquia de Monte. Para os representantes populares, a superficie da estrada seméllase á lunar porque na vez de baches hai auténticos cráteres, e hai tramos onde é imposible andar medio metro sen atopar un socavón.
O Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, pediu unha actuación inmediata da Deputación. Indicou neste senso que a estrada é moi transitada, e nestes momentos a situación é insostible, xa que circular por ela faise sumamente dificultoso. O alcalde xovense manifestou que “o presidente da Deputación ainda non tivo ocasión de visitar oficialmente Xove, ainda que si se veu sacar unhas fotos ó faro do Roncadoiro, pero evita visitar as estradas que son da súa competencia, o que me parece unha descortesia institucional e unha falla de respecto ós veciños do concello de Xove.”
Demetrio Salgueiro foi máis alá, e manifestou que a situación do resto das estradas de competencia provincial no seu concello atópanse tamén nunha situación “manifestamente mellorable”.
Pola súa banda, o voceiro adxunto dos populares na Deputación, José María González Barcia, manifestou que a Deputación está a incumplir os seus propios acordos.
Así, lembrou que en 2005 foi licitada en 84.500’00€, e adxudicada en 63.000’00€, a obra de mellora do afirmado da estrada de Xove a Valcarría, entre o pk 1.400 e o pk 3.000, na parroquia de Rigueira. Esta obra foi paralizada polo bigoberno da Deputación, ainda que os trámites expropiatorios continuaron e as cartas chegaron ós afectados. A día de hoxe, todo apunta a que esta obra non se vai facer, así que a Deputación deberá explicar a que vai adicar os terreos expropiados, xa que en boa lóxica deberían revertir ós seus propietarios orixinais.
González Barcia afirmou que os deputados provinciais socialistas pola Mariña non brilan polo seu traballo: “Melchor Roel vai ó seu aire, e Lara Méndez limita a súa xestión a un maiúsculo cero, ainda que nin unha nin o outro poden presumir de asistir ás xuntas de goberno, polo que cabe preguntarse que fan e por qué cobran. Do deputado nacionalista, Veiga Otero, mellor non falar, porque di o que lle manda Antón Bao”.
Salgueiro Rapa e González Barcia solicitaron da Deputación un compromiso de investimento e de temporalización do mesmo no concello de Xove, á vista da situación que presentan as estradas da rede viaria provincial neste concello, asi como a tramitación de certas obras de competencia da Deputación.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



