BURELA (FNC) .- As familias que se inscriban para participar nesta campaña Ti podes dar vida, aforra auga recibirán un kit con perlizadores e outro material para instalar nas súas casas e axudarlles a reducir o consumo de auga. Os interesados deberán anotarse na Oficina de Medio Ambiente de Burela que está ubicada na rúa Arcadio Pardiñas, 137. Os gañadores serán obsequiados cunha viaxe de fin de semana aos Picos de Europa xentileza de Viaxes Terramar da que disfrutarán todos os membros da unidade familiar.
Desde o 13 de abril e ata o 30 deste mes estará aberto no Concello e Burela o prazo de inscrición para participar na terceira edición da campaña Ti podes dar vida, aforra auga que se desenvolverá a partires de maio. A edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, lembra que “é o terceiro ano que facemos este programa e estamos moi satisfeitos coa acollida que está a ter entre as familias de Burela, de feito na pasada convocatoria a participación multiplicouse por oito. Animamos á xente a que se inscriba e aos que xa o fixeron a que sigan nesta liña”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



