Fin de semana de dobre enfrontamento comarcal en categorías base contra o Viveiro C.F. e unha vitoria para cada equipo.
Dicir primeiro que os xuvenís non xogaron este fin de semana xa que aplazaron o seu partido ante o S.Cibrao.
Así os INFANTIS xogaron o sábado no Martinez Otero ante os viveirenses que se mostraron superiores sobre todo na primeira metade, onde acadaron os dous goles que a larga lles darian os tres puntos.Os de Burunda notaron moito as ausencias de Iñaki e Toni, e apenas crearon ocasións de gol.
O dominio foi do Viveiro e o resultado hai que consideralo xusto.O domingo foron os CADETES os que se desprazaron a cidade do Landro, para xogar un partido que enfrontaba os dous primeiros clasificados da categoría.
Partidazo o que se veo no Municipal do Cembedo, con dous equipos xogando de poder a poder.O primeiro tempo acabou sin goles con un Viveiro que foi un pouco mellor no terreo de xogo que os focegos.Na segunda parte os viveirenses adiantaronse no marcador o pouco de soar o pitido do colexiado, pero os de Oke reaccionaron enseguida, e Antón Eijo logrou acadar o empate nunha xogada a contra.
O Foz veuse arriba, e xa mediada a segunda parte German transformou un claro penalti que lle habían feito a él mesmo.Este gol fixo que o Viveiro se viñese abaixo e Gonzalo aproveitou unha falta lanzada maxistralmente por Asier para anotar o terceiro no casilleiro dos focegos.Xa con 1-3 no marcador os viveirense foronse con todo para arriba, e conseguiron anotar o segundo a falta de 8 minutos para o remate do partido.Hasta o final poucas ocasións claras por parte dos dous equipos e vitoria blanquivermella que se queda xa moi solo na clasificación con 5 e 6 puntos de vantaxe sobre os seus mais directos rivais.
En definitiva gran partido entre quizais os dous millores equipos da categoría.A seguir así e sempre.
FOTOS: Equipos do C.D.Foz e o Viveiro C.F. que se enfrontaron no derbi comarcal na categoría cadete.






















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
