XXIVª TIRADA DE BOLOS – XIIIª SUB 16 – IVª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2012/2013)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIA DA 8ª TIRADA
(Centro Social de MORÁS – Sábado, 24 de novembro 2012)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MORÁS ( 24 NOVEMBRO 2012)
32 INSCRITOS: 3 NA LIGA SENIOR, 8 NA LIGA SUB 18 E 21 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA | 237 | 12 |
| SEGUNDO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 236 | 10 |
| TERCEIRO | CARLOS JAVIER RODRÍGUEZ CASABELLA | 233 | 8 |
| CUARTO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 233 | 7 |
| QUINTO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 225 | 6 |
| SEXTO | ÓSCAR PÉREZ MEITÍN | 224 | 5 |
| SÉTIMO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 214 | 4 |
| OITAVO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 214 | 3 |
| NOVENO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 196 | 2 |
| DÉCIMO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 186 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELO LÓPEZ 86 | 1 | |
| LIGA SUB 18 | |||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁDEZ | 140 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 127 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 106 | 3 |
| CUARTO | 2 | ||
| QUINTO | 1 | ||
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 62 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 141 | 6 |
| SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 129 | 4 |
| TERCEIRO | PAULA CAMPO SUÁREZ | 108 | 3 |
| CUARTO | MARTA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ | 107 | 2 |
| QUINTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 104 | 1 |
| MELLOR BOLADA | MARTA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ | 50 | 1 |
Liga Senior Masculina.- Igualadísima a cabeza, compartida neste caso polos dous primeiros da clasificación. A victoria de Arturo Vigo e o segundo posto (terceiro consecutivo) de Rafael González fai que compartan o liderato con 63 puntos, cunha certa vantaxe sobre Sócrates, quen só puido sumar 4 puntos. Carlos Javier Rodríguez e César Cancelos resisten, e con 47 e 43 puntos respectivamente siguen á estela dos primeiros. A estas alturas, cáseque rematada a primeira volta, parece claro que entre os cinco primeiro clasificados vanse repartir os tres postos de honra finais. Non vemos neste intre dentro da clasificación xogadores que poidan inquietalos. O sexto clasificado Francisco Pérez, subcampión o pasado ano, está a cáseque 20 puntos do quinto, mostrándose ademáis moi irregular.
Liga Senior Feminina.- Outra victoria máis, terceira consecutiva, da vixente campiona, quen con 35 puntos afiánzase no liderato, con 5 de vantaxe sobre Belén Meitín; esta última, despois dun inicio potente, está a sofrir un baixón no seu xogo, xa que chegou a ir destacada no liderato. Bastante lonxe da cabeza temos a outra das favoritas, Dolores Meitín con 24 puntos, seguida de Concepción Piñeiro con 19 e Salomé Bermúdez con 11.
Liga Sub 16.- A pesares de estar inda enfermo, nova victoria de Daniel López, coa cal se afianza no liderato con 42 puntos, ampliando a súa vantaxe sobre Salomé Cardoso, segunda con 36. Isaias continúa terceiro con 27 puntos.
A vindeira tirada, última da primeira volta, vai ter lugar no Centro Social de Sumoas ESTE VINDEIRO SÁBADO 1 DE DECEMBRO, a partires das 15:00 horas (3 da tarde).






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
