O BNG CALIFICA DE HIPÓCRITA A PROPOSTA DO ALCALDE DE BARREIROS SOBRE O USO DE PISOS PARA FINS SOCIAIS. OS NACIONALISTAS CONSIDERAN QUE O PP ESTÁ A APOSTAR POR UN MODELO DE BENEFICENCIA, MENTRAS DESMANTELA O SISTEMA DE BENESTAR PÚBLICO.
Barreiros, 11 de decembro de 2012. O BNG califica de hipócrita a proposta do alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, sobre o uso de pisos para fins sociais. Os nacionalistas consideran que o PP está a aportar por un modelo de beneficencia, mentras desmantela o sistema de benestar público. E din que o rexedor apúrase a buscar solucións para os promotores, mentras ignora as reclamacións das veciñas e veciños.
Desde o BNG de Barreiros amósanse críticos coa última proposta anunciada polo alcalde barreirense, o popular Alfonso Fuente. Para os nacionalistas esta medida “resposta a unha dobre moral e a un lavado de cara moi propio do Partido Popular: mentras desde os gobernos populares se adican a desmantelar o cativo estado de benestar e a crear uns servizos públicos de primeira e de segunda, agora plantexan medidas de solidariedade tendentes a crear unha beneficencia máis propia doutros momentos históricos que de hoxe en día”.
Os nacionalistas apoian os seus argumentos ademais tendo en conta que no último pleno, o BNG presentou dúas mocións claramente sociais ás que o Partido Popular se opuxo. “No último pleno tratamos unha moción sobre os distintos xeitos de violencia que se exerce sobre as mulleres e o Partido Popular non apoiou acordar, entre outras cousas, que se desenvolva a lei prestando asistencia psicolóxica nos centros públicos ou que se garanta o dereito ao aborto das mulleres. Pero ademais, o BNG propuxo tratar unha moción sobre os desafiuzamentos, para crear unha comisión municipal de apoio e a busca de solucións a posibles situacións deste tipo, ao que o Partido Popular se opuxo nen sequera a tratar argumentando que xa o goberno do Estado estaba traballando neste tema e que o Concello pouco tiña que facer. É por esta razón pola que nos sorprende que agora se presente esta iniciativa para casos de emerxencias sociais, sen tratalo en ningún organismo”, sinala a portavoz do BNG en Barreiros, Ana Ermida.
En base a isto, para o BNG “esta medida parece que resposta máis a dar unha solución aos problemas económicos dos promotores inmobiliarios, excusándoos de cumprir coas súas obrigas tributarias, que a unha verdadeira preocupación polas veciñas e veciños. Sobre todo tendo en conta que no último pleno houbo unha clara petición veciñal para que se buscasen alternativas co obxectivo de evitar a sobrecarga de taxas e impostos ás e aos barreirenses e á que o Partido Popular fixo oídos xordos e se negou a revisar”.
Como xa dixo o BNG en numerosas ocasións “o PP é máis eficiente solucionando os problemas dos promotores que os das súas veciñas e veciños. No propio pleno dixemos que a situación e a busca de solucións sería ben distinta se os que protestaran foran os promotores e ésta é a proba inequívoca”.
¿Situación económica boa?
Desde o BNG insiten na necesidade de coñecer a situación económica do Concello de Barreiros e amósanse sorprendidos polas declaracións do alcalde nas que di que a situación económica do Concello non é mala. Para os nacionalistas “estas palabras demostran unha absoluta irresponsabilidade e unha falla de respecto ás veciñas e veciños. Se un concello cunha débeda a dez anos de 2,5 millóns de euros e unha situación económica actual descoñecida, polo menos pola oposición, non é mala, é preciso que o alcalde de Barreiros nos explique que é unha situación económica mala. Sobre todo, cando ista situación é disculpa para subir todos os prezos públicos (taxas e impostos) que están pagando as veciñas e veciños”.
Os nacionalistas insisten na necesidade de convocar unha comisión de contas para coñecer a situación económica do Concello e para coñecer se a opinión do alcalde é compartida tamén polo responsable da área económica. “E, desde logo, se se pode permitir buscar solucións para os problemas dos promotores, cremos que é a súa obriga atender ás veciñas e veciños e buscar outras alternativas que supoñan unha menor carga para estes”, conclúen.



















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



