OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DE CERVO BLINDAN OS SALARIOS E ASIGNACIÓNS ECONÓMICAS DO GRUPO DE GOBERNO DO PP
O BNG DEMANDA AO PP RECORTES NO GASTO ASIGNADO AO GRUPO DE GOBERNO PORQUE OS ORZAMENTOS DEBEN ESTAR AO SERVIZO DA XENTE E NON DOS MEMBROS DO GOBERNO.
OS NACIONALISTAS DENUNCIAN QUE O CUSTE Á CIDADANÍA CERVENSE DO GRUPO DE GOBERNO MEDRA NO ORZAMENTO 2013 EN RELACIÓN AO DE 2012.
Cervo, 27 de decembro de 2012. O BNG denunciou hoxe o incremento do gasto incluído no orzamento para 2013 do grupo de goberno no que se inclúen salarios para catro dedicacións exclusivas e parciais ademais das asistencias a Xuntas de Goberno, dietas e outras indemnizacións que suma 116.463 euros, 2.700 euros mais que no orzamento 2012 a pesar da eliminación da praza de asesora que desempeñaba a actual edil Pilar Armada que agora cobra unha dedicación parcial. Os nacionalistas suman a este orzamento de gasto do grupo de goberno outros incluídos en partidas opacas recollidos no orzamento como “traballos realizados por outras empresas” nas que se está cargando na actualidade o gasto dun gabinete de prensa que non ten sentido nun concello como Cervo con seis persoas cobrando mensualmente da administración pública.
O goberno local incumpre os acordos do pleno de organización sobre cobros por asistencias a Xuntas de Goberno e o orzamento para salarios e outros gastos do grupo de goberno lonxe de reducirse medran.
Os nacionalistas denuncian que o goberno local utiliza as arcas municipais para solucionar problemas persoais dos membros do goberno como é o caso da edil Pilar Armada que pasou de custarlle ás arcas públicas por unha dedicación exclusiva a tempo completo como asesora 20.908 euros anuais a custar só 2.771 euros menos con dedicación parcial de 65 horas mensuais. Segundo afirman no BNG cervense, o goberno local incumpre acordos do pleno de organización sobre a regularidade na convocatoria a Xuntas de Goberno que van camiño de multiplicarse por dous no ano 2012 pasando das 24 previstas con 7.200 euros de gasto a case o dobre.
Dende o BNG consideran unha indecencia e unha sangría ás arcas públicas que o grupo de goberno lonxe de reducir o gasto en salarios, indemnizacións e outros gastos do grupo de goberno aprobados no orzamento municipal de 2012, temos que ver como no de 2013 segue a incrementarse ate chegar aos 116.463 euros anuais aos haberá que engadir os derivados da contratación dun gabinete de prensa que traballa a tempo completo e utilizando medios e locais da propia casa consistorial.
Os orzamentos deben estar ao servizo da xente e non do grupo de goberno
Os nacionalistas demandan recortes no gasto do organismo de goberno, non pode ser que mentres o goberno municipal aproba subas masivas de taxas e impostos municipais sen distinción, estes esforzos económicos impostos á sociedade non sirvan para mellorar os servizos e o único que mellore son as compensacións económicas do grupo de goberno. Dende o BNG reclaman reducións sustancias nas compensacións económicas e outros gastos innecesarios do grupo de goberno e que ese aforro vaia directamente á mellora e redución dos custes para a cidadanía de servizos como o PAI, Escolas Deportivas ou incremento do persoal asignado a dependencia.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



