O I TROFEO DO NADAL MARIÑÁN ARRINCA COA EXPERIENCIA VITAL DE PULPIS
Xoves, 27 de decembro. O I Trofeo do Nadal Mariñán de fútbol sala base que organiza a Fundación Imdecum arrincou esta tarde apadriñado polo adestrador da Selección de Uzbekistán, José María Pazos ‘Pulpis’ (Lugo, 1974). Xunto ao secretario de Imdecum, José Luis Sáez, o técnico galego compartiu anécdotas da súa dinámica traxectoria no fútbol sala e a súa experiencia vital co numeroso e novísimo público que se deu cita no IES Monte Castelo de Burela.
Baixo o título ‘O camiño á elite’, Pulpis falou da diferenza de mentalidade futbolística entre Asia e Europa, do seu paso por Tailandia e a súa última aventura, en Uzbekistán, un país no que o fútbol sala aínda é un deporte que se está comezando a coñecer e practicar. Tamén recordou con emoción a Recopa de Europa co Lobelle de Santiago (2006-07) e con moita amargura e tristeza a promoción de descenso co Azkar. Ademais, fixo fincapé nas últimas tendencias de xogo en España e recordou a grandes xogadores da historia da mellor liga do mundo. O ata o 31 de decembro seleccionador de Uzbekistán concluíu a charla interesándose polos gustos e inquietudes dos novísimos asistentes.
Calendario
Un total de 7 clubs da provincia luguesa, e 17 equipos distribuídos entre as categorías de benxamín e xuvenil, daranse cita na Mariña para despedir o ano. Os pavillóns Vista Alegre e Monte Castelo acollerán a competición de base entre mañá e o sábado coa presenza de Cidade de Viveiro, AD A Mariña FS, Ribadeo FS, EDM Cervo, AD Santiago de Foz, ED EON Burela FS e Sarria-Peña Españolista.
O Trofeo comezará cunha primeira eliminatoria, con partidos de corenta minutos (2 tempos de 20) para todas as categorías. Os dous primeiros de grupos accederán á fase final, que se disputará o sábado pola tarde en Vista Alegre, a partir das 16.00 horas. A entrega de trofeos porá o broche ao fútbol sala no Nadal Mariñán, ás 20.00 horas.
CALENDARIO ADXUNTO
Fundación Impulso ao Deporte,
Cultura e Turismo na Mariña
Praza da Mariña, número 3, entres.
Burela, 27880 – LUGO
EL I TROFEO DE LA NAVIDAD MARIÑANA ARRANCA CON LA EXPERIENCIA VITAL DE PULPIS
Jueves, 27 de diciembre. El I Trofeo de la Navidad Mariñana de fútbol sala base que organiza la Fundación Imdecum arrancó esta tarde apadrinado por el entrenador de la Selección de Uzbekistán, José María Pazos ‘Pulpis’ (Lugo, 1974). Junto al secretario de Imdecum, José Luis Sáez, el técnico gallego compartió anécdotas de su dinámica trayectoria en el fútbol sala y su experiencia vital con el numeroso y jovencísimo público que se dio cita en el IES Monte Castelo de Burela.
Bajo el título ‘El camino a la élite’, Pulpis habló de la diferencia de mentalidad futbolística entre Asia y Europa, de su paso por Tailandia y su última aventura, en Uzbekistán, un país en el que el fútbol sala aun es un deporte que se está comenzando a conocer y a practicar. También recordó con emoción la Recopa de Europa con el Lobelle de Santiago (2006-07) y con mucha amargura y tristeza la promoción de descenso con el Azkar. Además, hizo hincapié en las últimas tendencias de juego en España y recordó a grandes jugadores de la historia de la mejor liga del mundo. El hasta el 31 de diciembre seleccionador de Uzbekistán concluyó la charla interesándose pro los gustos e inquietudes de los jovencísimos asistentes.
Calendario
Un total de 7 clubes de la provincia luguesa, y 17 equipos distribuidos entre las categorías de benjamín y juvenil, se darán cita en A Mariña para despedir el año. Los pabellones Vista Alegre y Monte Castelo acogerán la competición de base entre mañana y el sábado con la presencia de Cidade de Viveiro, AD A Mariña FS, Ribadeo FS, EDM Cervo, AD Santiago de Foz, ED EON Burela FS y Sarria-Peña Españolista.
El Trofeo comenzará con una primera eliminatoria, con partidos de cuarenta minutos (2 tiempos de 20) para todas las categorías. Los dos primeros de grupos accederán a la fase final, que se disputará el sábado por la tarde en Vista Alegre, a partir de las 16.00 horas. La entrega de trofeos pondrá el broche al fútbol sala en la Navidad Mariñana, a las 20.00 horas.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
