Mércores, 2 de xaneiro. O I Trofeo do Nadal Mariñán, apadriñado polo adestrador José María Pazos, ‘Pulpis’, despediu o ano na comarca con fútbol sala de base (27-29 de decembro) e coa ilusión da AD A Mariña FS, AD Santiago de Foz e ED EON Burela FS ao levantar o galardón de campións.
Baixo a organización da Fundación Imdecum e a colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo, un total de 17 equipos lugueses, con preto de 200 deportistas, déronse cita na Mariña para despedir o ano. Os pavillóns burelaos Vista Alegre e Monte Castelo acolleron a competición de base, entre benxamín e xuvenil, o venres e o sábado coa presenza de Cidade de Viveiro, AD A Mariña FS, Ribadeo FS, EDM Cervo, AD Santiago de Foz, ED EON Burela FS e Sarria-Peña Españolista.
As finais, o sábado pola tarde e integramente na bomboneira, tiveron unha heteroxénea representación. En benxamíns accedeu a veciña EDM Cervo, que se resentiu ante o potencial da AD A Mariña FS (1-7). O luminoso reflectiu máis igualdade en alevíns e infantís, con 2-2 ao expirar o tempo regulamentario e recorrendo aos penaltis; o primeiro título foi parar ao AD Santiago de Foz sobre a ED EON Burela FS A e o segundo lucirá na vitrina na ED EON B despois dun gran duelo na estrutura laranxa. A categoría cadete volveu deparar un choque cento por cento burelista, con resultado favorable para o conxunto A (7-1). Na última final da tarde, brillou de novo o equipo de Vista Alegre, o Burela FS, impoñéndose 5-0 ao Sarria-Peña Españolista.
Ao acto de clausura asistiu o primeiro tenente de alcalde, Manuel Fernández Valle, xunto ao presidente e vicepresidente de Imdecum, Marcelino Luna e Manuel Blanco.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
