Este pasado venres, día 4 de xaneiro, houbo unha festa entrañable na Vivenda Comunitaria de anciáns de Alfoz, organizada polo Departamento de Asuntos Sociais e pola OMIX do concello de Alfoz. Os anciáns residentes na mesma recibiron varias visitas. En primeiro lugar visitáronnos os nenos dos Talleres de Nadal de Alfoz, que lles cantaron panxoliñas, dirixidos pola cantante local Almudena Cuadrado. Un pouco máis tarde chegaron as súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, que trouxeron agasallos para todos, grandes e pequenos. A festa rematou cunha saborosa merenda.
