VICEPRESIDENCIA REXEITA A REFORMA DA ADMINISTRACIÓN LOCAL PROPOSTA POLO GOBERNO DO ESTADO POR BALEIRAR DE COMPETENCIAS OS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES
De aprobarse as modificacións lexislativas avanzadas polo Executivo central, estes concellos non poderían pór en marcha políticas sociais, turísticas, de fomento do emprego ou deportivas
Antonio Veiga denuncia que o Partido Popular blinda os entes provinciais mentres a maioría da sociedade pide a súa disolución
Lugo, 18 de xaneiro de 2013. Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación e delegado provincial de Benestar Social e Deporte, explicou, durante a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno semanal, os motivos polos que a Vicepresidencia da institución rexeita a reforma da Administración Local avanzada polo Goberno do Estado e na que se propón un modelo recentralizador que baleira de competencias os entes locais e reforza duplicidades.
Este rexeitamento xustifícase, segundo Veiga, na “ofensiva unificadora emprendida polo Partido Popular e coa que busca rematar cos concellos e a súa independencia baleirándoos de capacidade para pór en marcha políticas diferenciadas de acordo as súas singularidades. Iso é o que pretende o Estado reservándose a concreción das competencias municipais, os límites para a creación de servizos locais que estarían supeditados ao principio de estabilidade orzamentaria así como a obriga de que as deputacións asuman servizos municipais senón se cumpren determinados estándares”.
Para o vicepresidente “con estas medidas o Partido Popular segue apostando polo control do déficit en lugar de pensar en que é o que máis convén a cada concello para lograr o fin último de garantir o benestar dos cidadáns. O control do déficit continúa a ser o obxectivo prioritario do Goberno de Mariano Rajoy mentres os dereitos dos cidadáns descenden a un terceiro ou cuarto posto. Estas propostas de modificación lexislativa responden á mesma lóxica da Lei de Estabilidade Orzamentaria”.
Veiga advertiu de que de saír adiante esta reforma da Administración Local, a provincia de Lugo sería unha das máis afectadas de todo o Estado en canto establece que os concellos con menos de 20.000 habitantes, que son todos os lucenses agás a capital, terían que deixar en mans da Deputación Provincial servizos municipais que non cumpran os estándares de calidade que se establecerán mediante Real Decreto. “Coa proposta lexislativa avanzada, un informe dos servizos de intervención sería suficiente para que os concellos non puidesen implementar políticas sociais, políticas turísticas, de fomento do emprego ou mesmo iniciativas deportivas. Sería, polo tanto, indiferente a cor do partido no goberno porque o alcalde e os concelleiros terían nula capacidade de decisión, o que ao mesmo tempo suporía a morte da democracia representativa. O Partido Popular camiña así cara os gobernos dos técnicos, outra das premisas da lóxica neoliberal”.
“Estamos –continuou o vicepresidente- ante unha proposta de reforma que limitaría o desenvolvemento económico e social dos concellos, que decretaría o desequilibrio territorial consolidando veciños de primeira e de segunda atendendo ao concello no que vivan e intensificaría as diferenzas entre o rural e o urbano, pero que sería ilóxica ao consolidar unha institución decimonónica como as deputacións. Mentres a maioría da sociedade pide a súa supresión o Partido Popular empéñase en brindalas dándolle funcións inéditas que, ademais, son contrarias ao recollido no Estatuto de Autonomía que prevé a coordinación das propias deputacións e dos seus orzamentos por parte da Xunta de Galiza”.
Desde a Vicepresidencia aseguran que este modelo incrementa o número de competencias compartidas complicando a xestión e aumentando a conflitividade entre administracións, e continúan apostando pola desmantelamento das provincias, das deputacións e pola organización comarcal do país.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



