O MINISTERIO DE FOMENTO EMITIU UN INFORME PRECEPTIVO FAVORABLE ÁS TESES DO EQUIPO DE GOBERNO SOBRE O PXOM. ÉSTE ACEPTA BAIXAR A LIÑA DE EDIFICACIÓN NA MARXE DEREITA DA VARIANTE DE BURELA DE 100 A 30 METROS. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑA QUE SE TRATA DUNHA NOTICIA MOI IMPORTANTE PARA O FUTURO DO CONCELLO.
Burela, 18 de xaneiro de 2013. O Ministerio de Fomento emitiu un informe preceptivo favorable ás teses prantexadas polo equipo de goberno de Burela sobre o PXOM. Dito informe acepta baixar a liña de edificación na zona de variante de Burela, na súa marxe dereita, dos 100 aos 30 metros. O alcalde, José María González Barcia, González Barcia asegura que “se trata dunha noticia moi importante, porque se libera unha superficie duns 300.000 metros cadrados sobre os que non se podía actuar”.
O rexedor dixo que “o Ministerio de Fomento, a través da Dirección General de Carreteras del Estado, acaba de remitirnos ao Concello de Burela o informe preceptivo sobre o plan xeral de ordenación municipal. Ese informe é favorable ás teses que nosoutros prantexamos no PXOM, que foi aprobado de forma inicial a principios de marzo do ano pasado”.
González Barcia subliñou que “este informe ten unha transcendencia especial porque acepta as teses do equipo de goberno actual, do equipo redactor do Concello de Burela, de baixar a liña de edificación, que actualmente en relación coa denominada variante de Burela se encontraba en 100 metros na súa marxe dereita, a que mira cara ao pobo, e queda rebaixada aproximadamente (porque pode haber pequenas oscilacións en función das zonas) a uns 30 metros”. O alcalde burelés explicou que “isto quere dicir que toda esta franxa de solo de 70 metros de ancho por aproximadamente 4.200 metros de largo, que son os que hai desde o linde con Foz ao linde con Cervo, pasan a ter a mesma condición urbanística que tiñan cando se aprobaron as normas subsidiarias de planeamento do ano 1988 e en todo caso pasarán a ter a cualificación urbanística que o plan xeral lles dea cando se aprobe definitivamente. Convén recordar que está aprobado inicialmente, aínda non se aprobou provisionalmente e, polo tanto, mentres o plan non entre en vigor son de aplicacións as normas subsidiarias de planeamento que existían antes en Cervo”.
José María González Barcia indicou que “é unha noticia moi importante porque se libera unha amplísima superficie de aproximadamente uns 300.000 metros cadrados, que agora mesmo sobre eles non se podía actuar precisamente debido á imposibilidade que o Ministerio entendía en base á aplicación da lei de Carreteras do ano 1988 e que grazas a este informe emitido polo Ministerio de Fomento conseguimos recuperar. Isto é un paso importante tamén de cara á aprobación do propio plan xeral de ordenación municipal porque o informe da Dirección General de Carreteras é preceptivo, é dicir o Ministerio está obrigado a emitilo, e tamén é vinculante, o que quere dicir que é de obrigado cumprimento”.
O alcalde tildou de noticia enormemente importante para o Concello de Burela, “agora mesmo ao mellor non somos conscientes da magnitude que ten este informe, pero seguramente que co paso dos anos nos vamos dar conta perfectamente da enorme importancia positiva que ten para o concello de Burela a emisión deste informe por parte do Ministerio”.
O equipo de goberno segue traballando no PXOM, “agora mesmo seguimos en conversas coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Xunta de Galicia de cara á tramitación do plan. E seguimos mantendo a perspectiva de que ao longo do mes de febreiro se pode enviar á Xunta de Galicia o plan para a elaboración da correspondente memoria ambiental”. González Barcia lembrou que “todos os informes que temos no noso poder son favorables”.



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



