O 112-GALICIA REXISTROU 140 INCIDENCIAS ESTA NOITE RELACIONADAS COAS MALAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS
Santiago, 19 de xaneiro de 2013.- O Centro de Atención ás Emerxencias 112-Galicia rexistrou entre as 19 horas de onte e as 7.30 horas de esta mañá un total de 140 incidencias relacionadas co temporal de chuvia e vento que afecta a Galicia e polo que a Xunta recomenda á poboación extremar as medidas de precaución.
A provincia de Pontevedra rexistrou un total de 51 desas incidencias, Ourense 38, Lugo 26 e A Coruña 25. Na súa meirande parte estiveron relacionadas con debordamentos de ríos e anegamentos, así como caídas de polas e desprendementos de terra e pedras.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas informou que ás 8 horas de hoxe atopábanse cortadas totalmente ao tráfico por asolagamento da calzada tres estradas: LU-651 (Quiroga-Seoane do Courel) PQ 30+000, OU-540 (Ourense-fronteira portuguesa (A Madalena)) PQ 46+500 e o enlace da OU-504 (Ribadavia-Cea) coa N-525 (enlace Compostela, dirección Cea, PQ 26+400 MD da OU-504 ).
Así mesmo, recoméndase precaución pola presenza de auga nas seguintes estradas: LU-120 (Vilalba-Paraxes) PQ 15+850; LU-750 (Meira-O Cádavo) PQ 7+000; LU 161 (Landrove-Ferreira do Valadouro) PQ 0+200; OU-211 (Valdepereira-Gomariz) PQ 1+680; e OU-113 (Verín-Vilar de Barrio) PQ 20+000 MD. Tamén circulación con precaución por desprendementos nas seguintes estradas: LU-722 (Becerreá-Ponte do Río Rao) en varios PPQQ; LU-723 (Pontes de Gatín-límite provincia de León) PQ 17+750; LU -903 (Monforte de Lemos-límite provincia-Castro Caldelas) PQ 16+000; PO-252 (Mondariz-Moscoso) PQ-4+000; OU-150 (Valdorregeiro-Gustei) PQ 4+936 ME; e OU-622 (O Barco de Valdeorras-límite provincia de León) PQ 06+000 MD.
Durante toda a xornada os equipos da Xunta de Galicia estiveron traballando sen descanso con todos os medios e equipos dispoñibles para poder resolver as incidencias e facilitar o tránsito pola rede de titularidade autonómica, estando presentes en todo momento nas zonas máis conflitivas.
Segundo informaron os servizos meteorolóxicos, a vertical da borrasca atopábase a primeira hora de esta mañá xusto enriba da comunidade, quedando momentaneamente unha situación de calma, aínda que dende xa e nas próximas horas agárdase un novo empeoramento da situación, pola que a Axencia Estatal de Meteoroloxía ten activada a alerta laranxa polos fortes ventos, que poderían superar os 100 quilómetros por hora.
A Xunta de Galicia recorda polo tanto a necesidade de extremar as precaucións e seguir as medidas de protección pertinentes. Así mesmo, aconséllase consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese.
Plan de inundacións
Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o Plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións de nivel 1, debido ás análises dos parámetros meteorolóxicos e hidrolóxicos das últimas horas, xa que segundo informou Aemet, hai un aumento xeneralizado dos caudais dos ríos con previsións en aumento, e desbordamentos puntuais en varios ríos da nosa comunidade
Nese sentido, Augas de Galicia pola súa banda informou do incremento xeneralizado do caudal dos ríos en toda a vacía hidrográfica Galicia costa, unha situación que podería provocar posibles desbordamentos nas concas de varios ríos galegos. A Xunta vai levar a cabo análises e seguimento das previsións que irá avanzando o sistema de vixiancia, así coma control da evolución dos niveis e caudais dos ríos en tempo real a través das estacións de aforamento, así como a xestión dos encoros.
Situación de embalses e encoros
Nas últimas 24 horas rexistráronse fortes aumentos de caudais nos ríos galegos, que produciron desbordamentos puntuais en varios puntos de Galicia. Dende Augas de Galicia fíxose un seguimento continuo dos niveis e caudais a través dos 47 puntos de control con estacións automáticas de aforo que achegan datos en tempo real na bacía hidrográfica Galicia – Costa. As maiores puntas de caudal sucederon nas últimas horas de onte, venres. O persoal de Augas de Galicia mantívose en coordinación coa Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que activou o plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións en Galicia.
Para hoxe, día 19, as peores situacións prevense nos ríos do norte de Galicia, entre as 16 e as 20 horas. Continuarase cunha especial vixilancia dos caudais, en coordinación coa Dirección Xera de Emerxencias e Interior, e os explotadores dos distintos encoros.
AVISO DA DEPUTACIÓN DE LUGO SOBRE AS INCIDENCIAS NAS ESTRADAS PROVINCIAIS
Concello de Antas de Ulla (LU-P-0302, pechada parcialmente por desprendimentos de terras)
Concello de Baleira (LU-P-0403 e LU-P-0401, por asulagamento; transítase con dificultade)
Concello de Begonte ( LU-P-0802, por asulagamento; transítase con dificultade)
Concello de Bóveda (LU-P- 0546, por asulagamento; transítase con dificultade)
Concello de Castro de Rei (LU-P-1611, pechada parcialmente por desprendimentos de terras)
Concello de Cospeito (LU-P- 1701 e LU-P-4401, pechadas ó tráfico por asulagamentos)
Concello de Carballedo (LU-P-1001, pechada parcialmente por desprendimentos de terras)
Concello da Fonsagrada (LU-P-4606, por asulagamento; transítase con dificultade)
Concello de Folgoso do Courel (LU-P-1306, totalmente pechada ó tráfico por desprendimentos; agárdase o restablecemento do tráfico ó longo do día)
Concello de Pobra de Brollón (LU-P- 4705, por asulagamento; transítase con dificultade)
Concello de Quiroga (LU-P-5004, pechada ó tráfico por desprendimentos de terras)
Concello de Ribadeo (LU-P-5209, por asulagamento; transítase con moita dificultade; posible peche ó tráfico)
Concello de Xermade (LU-P-2204 por caída de árbores na vía)
Nestes intres, a totalidade dos efectivos do dispositivo posto en marcha pola Deputación de Lugo na mañá do venres, 18 de xaneiro, está a traballar en todas as estradas referidas para restablecer a normalidade no tráfico á maior brevidade posible



















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



