HOXE FORON SELECCIONADAS AS CATRO PERSOAS QUE SE INCORPORARÁN COMO COIDADORES DOS COMEDORES ESCOLARES ATA FINAIS DE CURSO.
Burela, 22 de xaneiro de 2013. Hoxe realizáronse en Burela as probas de selección das catro persoas que ocuparán as prazas de coidadores dos comedores escolares ata finais de curso. Ás mesmas presentáronse trinta candidatos/as, segundo os datos facilitados esta mañá pola concelleira de Educación, Mónica Pedre.
A edil popular anunciou que “a súa incorporación será inmediata” e subliñou que “o número de coidadores escolares pagados integramente polo Concello é de nove”. A isto hai que engadir a aportación que fai o Concello burelés ás actividades extraescolares para que os colexios estean abertos polas tardes e os nenos e nenas de Burela poidan desfrutar de obradoiros de carácter medioambiental, entre outros. Mónica Pedre dixo que “isto lles supón un aforro importante ás familias de Burela e demostra o compromiso do equipo de goberno cos servizos sociais en xeral e coa educación en particular”.
Nos vindeiros días tamén se realizará a selección de persoal para cubrir o posto de monitor/a da aula CeMIT de Burela. A aportación da xunta para realizar esta contratación ascende a algo máis de 18.000 euros.






















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



