Rematou o Campañazo do bingo do mes de xaneiro, organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. O último sorteo celebrouse o pasado venres, 25 de xaneiro. O afortunado, José Palmeiro, cantou o seu campañazo no bar Acuario e recibiu 300 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao longo das vindeiras semanas. Outras 13 persoas resultaron agraciadas na cita do pasado venres e repartíronse outros 300 euros. O Campañazo do bingo de ACIA Foz regalou durante este mes de xaneiro 2.400 euros en premios. José Carlos Paleo, o presidente do colectivo, asegura que “esta cita está consolidada e unha vez máis foi un éxito”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



