O día 3 deste mes celébrase no barrio de Vilaxoane a que é a primeira festa do calendario anual do concello focego: o San Blas. A ermida, sinxela, pero moi coidada e conservada, dado o interese dos veciños, atópase ao inicio da estrada que leva á igrexa de San Martiño. É dunha nave cuberta de madeira ás dúas augas, con arco de trunfo e capela maior. Nela pódense ver as imaxes de San Blas, San Xosé, San Roque e a Virxe co Neno, estas dúas do século XVIII. Posúe retablo barroco dun só corpo con catro columnas salomónicas, na que se contempla un Cristo e unha imaxe de San Caetano do XVIII. As imaxes viñeron de Nápoles, segundo as crónicas, e atribuen a construcción ao “Oidor” Saavedra, Conde de Gimonde, Conselleiro nas Indias e, segundo contan, débese o nome de Vilaxoane a unha filla dos devanceiros daquel chamada Xoana. A do San Blás é romería entrañable á que acude xentío da vila e a bisbarra, pois en boa medida pervive a crenza de que o Santo é abogoso das doenzas da gorxa, ao que os crentes se encomendan ao tempo que se realiza o rito de “poñer o Santo”.
O aspecto lúdico tradicional xira en torno aos bailes que hai motos anos tiñan por escenario a “aira de Morán”, que mais tarde pasaron ao salón da Corredoira, (hoxe Xoíña) onde tiña lugar o “baile da escoba” que se ben non era espectáculo artístico, nen estético, era divertido e xocoso: chegou a ser moi popular. O tempo frío, de choiva, desapacible, que é frecuente deixou unha referencia histórica: No ano 1954 caeu no contorno a mais grande nevarada que lembramos; tanto que naquela ocasión non se celebrou a festa pois a orquestra contratada non chegou ao lugar de destino. Hoxe unha gran carpa protexe das inclemencias e nela ten lugar o “día dos callos”, que co “pan de San Blas” son as singularidades gastronómicas da ocasión. Esperemos que este ano se porte mellor, e a alguén poda facerse aquela encomenda: “ Se vas ao San Blas / tráeme un San Blasiño / que non sexa moi grande / nen moi pequeniño”.
Suso Fernández

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



