Cervo, 2 de febreiro de 2013-A edil de Turismo, Begoña Alonso, recomendoulle hoxe ao asesor do BNG na Deputación que “aprenda a valorar el potencial turístico de Cervo” tras criticar a asistencia de representantes do Concello á feira. “Cuestionar la presencia del Concello de Cervo en Fitur es como decir que el municipio no tiene nada que ofrecer turísticamente” explica Alonso.
A edil pregúntase se Xosé Antón Estúa “se considera con la suficiente calidad moral como para criticar la asistencia a Fitur mientras él cobra de las arcas públicas por asesorar al BNG en la Diputación y dar consejos tan sabios como que no se amplíe el Museo del Mar o que se multe al Concello con 20.000 euros”. Alonso matiza que “el gasto de acudir a Fitur no representa ni la quinta parte de lo que él cobra al mes como asesor y, mientras estar en Fitur es una inversión para Cervo, su puesto de asesor solo nos ha traído pérdidas”.
A responsable de Turismo e Medio Ambiente explica ademais que a viaxe a Madrid tiña un dobre obxectivo: “Conseguir visitantes para Cervo y A Mariña en Fitur y, al mismo tiempo, asistir a una reunión con responsables del Ministerio de Medio Ambiente para solicitar la reubicación de la carpintería de ribeira de San Ciprián”. Un trámite que a edil valora como “muy importante para la localidad ya que se trata de garantizar la continuidad de un oficio tradicional que forma parte de la historia y la cultura de San Ciprián”.
Ao mesmo tempo, Alonso asegura que Estúa “debería asesorarse mejor sobre los gastos de la administración a la que él mismo asesora”. A edil refírese en concreto ás dúas páxinas web diferentes que ten activas a Deputación, unha para a presidencia e as vicepresidencias do PSOE, e outra para as vicepresidencias do BNG, “un doble gasto totalmente innecesario e inútil ya que estamos hablando de una única administración, la Diputación”. Alonso manifesta que “mantener dos páginas web diferentes es un despilfarro sin sentido que supone pagar por dos servidores, por el mantenimiento de las dos páginas y los salarios del doble de personal para actualizarla


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



