VEIGA URXE A BARREIRO A EXPLICAR A IMPLICACIÓN DO PPdeG NO ESCÁNDALO DE FINANCIAMENTO ILEGAL DOS POPULARES
O BNG pide a ao presidente dos PP de Lugo que aclare se cree na palabra de Rajoy ou se está do lado dos que piden a dimisión do presidente do Goberno do Estado.
Os nacionalistas proclaman a morte do réxime actual e demandan un novo proceso constituínte no que Galiza sexa recoñecida como pobo soberano
A Mariña, 4 de febreiro de 2013. O responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego na comarca da Mariña, Antonio Veiga, pide a Xosé Manuel Barreiro, presidente do Partido Popular de Lugo, explicacións sobre a implicación do Partido Popular de Galiza na trama de financiamento ilegal que afecta á súa formación en canto aparece como epicentro deste escándalo.
“Dende a década dos 90 – explica Veiga- o actual portavoz dos populares no Senado ocupa cargos de relevancia dentro do partido e nas institucións polo que é difícil crer que non saiba nada destas irregularidades na contabilidade do partido que representa e nas que Galiza ocupa un papel relevante en canto ten unha implicación directa no caso Gürtel no que quedou claro que o exsecretario de Organización do PPdeG, Pablo Crespo, manexaba unha presunta contabilidade b e compartía comisións con Bárcenas por organizar actos e mitins. Por isto, entendemos que Barreiro debe ofrecer unha explicación aos electores lucenses xa que foron eles os que o situaron como deputado na Cámara Galego nin 1997 e cono senador dende o 2008”.
Dende a formación nacionalista urxen a Xosé Manuel Barreiro a que na súa condición de membro do Comité Nacional do Partido Popular, se manifeste, tamén, sobre as declaracións do presidente do Goberno do Estado, Mariano Rajoy, nas que afirma que nunca recibiu nin repartiu diñeiro negro e que “aclare a súa posición ao respecto, se apoia aos seu presidente e cree na súa palabra ou se pola contra está ao carón dalgúns membros do Partido Popular que piden a dimisión da cúpula do partido.”
Antonio Veiga amosa a preocupación do BNG por este escándalo de financiamento ilegal que afecta á cúpula do Partido Popular pero tamén do Goberno central nun momento de forte recesión cuxas perspectivas de superación son nulas e nun contexto de descrédito da política e dos políticos no que outro dos piares do réxime actual, como é a monarquía, está en crise tras a implicación da Casa Real nunha trama de presuntas prácticas ilegais no Instituto Nóos. “Estamos ante a fin do réxime actual polo que dende o BNG demandamos iniciar canto antes un novo proceso constituínte no que se estableza un novo marco territorial no que se recoñezan os dereitos de Galiza como pobo soberano. So exercendo a nosa soberanía poderemos acadar xustiza económica e social”.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



