SAN CIBRAO .- A coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa asegura que “queremos denunciar a sobre explotación á que certas empresas están sometendo aos seus traballadores”, e afirma que “hai casos tan sangrantes como o de que un operario teña que estar manexando máquinas durante 16 horas, durante varios días seguidos”.
Nota de Pensa
ONDE ESTAN AS TAN CACAREADAS MEDIDAS DE SEGURIDADE DE ALCOA?
Na reunión mantida onte luns pola Coordinadora dos/as traballadores/as das empresas auxiliares de ALCOA, queremos denunciar a sobre-explotación á que certas empresas están somentendo aos seus traballadores, todo elo derivado da presión que a principal ALCOA exerce sobre as subcontratas. A coacción exercida sobre os traballadores ven dada polos requerimentos de URXENCIA que ALCOA lles fai ás empresas auxiliares, e estas trasladana aos traballadores, de que si non acceden serán despedidos.
Hai casos tan sangrantes como o de que un operario teña que estar manexando máquinas durante 16 horas, durante varios días seguidos (descarga de 20 barcos de mínimo 60.000 Tm. c/un). Onde estan as medidas de seguridade das que tanto se jacta ALCOA?, como pode ir polos colexios querendo dar exemplo á comunidade?. Sería paradóxico, pero posible, que o pai dalgun destes nenos/as estivese sufrindo as consecuencias de tanta hipocresía.
Coas cifras de paro existentes, acercandonos aos 5 millóns, como se poden facer estas xornadas de traballo, cando ao mesmo tempo se está despedindo traballadores?.
Non é unha cuestión de insolaridariedade entre traballadores, é unha agresión directa e deliberada sobre unhos traballadores, e por extensión todos nos. Onde están as Administracións que debe vixiar estas agresións e incumprimentos?
O xoves 30 convocase a todos/as os/as traballadores/as das Auxiliares de ALCOA a unha asemblea, ás 17:30 hs. no aparcamento da fábrica.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



