O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou na rolda de prensa posterior á xunta de goberno da Deputación Provincial deste venres 8 de febreiro que “Fomento vén de comunicar, de xeito oficial e formal, a paralización das obras da Autovía Lugo-Santiago no enlace de Palas de Rei a Guntín ata 2015”. Trátase do treito da A-54 que o anterior Goberno Central ía poñer en marcha en decembro de 2014 tras adxudicalo xa a finais do 2009.
Martínez desvelou que a empresa adxudicataria destas actuacións remitiu un escrito á Deputación de Lugo que apunta, textualmente: “de acuerdo con la comunicación que hemos recibido del Ministerio de Fomento, indicando que la obra no dispone de anualidade para los años 2013 y 2014, con la consecuencia paralización de los trabajos……”
Por este motivo, a contratista solicita ao organismo lugués renovar os permisos necesarios para manter o tráfico desviado por tres estradas provinciais “hasta la segunda mitad del año 2015 (aunque la paralización de las obras corresponde a 2013 y 2014, son necesarios varios meses para retomar a actividad y ejecutar las citas obras)”. Isto é o que indica o escrito, corroborando que polo menos en 2 anos non haberá avance nas obras deste treito da A-54.
Desvíos por estradas danadas
As vías provinciais polas que Fomento quere manter o tráfico desviados son as CPs 4006, de Palas de Rei a Quintín; 2901, que une Palas con Friol; e 4009, de Ribeira por Vilaseñor a Rampa de Cubelo. Os trazados de varios treitos destas estradas, todos eles no Concello palense, modifícanse coa Autovía Lugo-Santiago. Por este motivo, e xa dende 2010, a institución luguesa puxo a disposición de Fomento estes viais co obxectivo de facilitar a execución das obras da A-54, levando a cabo cortes e desvíos viarios polas mesmas.
“Agora Fomento, non só paraliza estas obras, senón que quere deixar o tráfico desviado por estas estradas, nas que provocou danos de ata 200.000 euros. É dicir, está a poñer en perigo a seguridade dos viandantes”, destacou Martínez. Os informes técnicos avalan que: o firme destes viais están gravemente danados.; non teñen visibilidade nin ancho suficiente porque, por exemplo, hai verquidos de terra nas marxes das estradas; tampouco existen cunetas; hai excavacións de ata 3 metros de profundidade a menos de 1 metro da vía e non así barreiras de protección; carecen de sinalización, ou ben esta é insuficiente…
Por todo isto, a Deputación esixe ao Ministerio de Fomento que repare e asuma os danos. “Non temos ningún inconveniente en que o tráfico continúe desviado por vías da Deputación mentres Fomento non executa as obras da A-54, pero esiximos que os desvíos sexan seguros para os cidadáns”, subliñou Martínez. O organismo provincial xa remitiu esta demanda ao Ministerio de Fomento, dando un prazo de 15 días para levar a cabo estas melloras. “En caso contrario e co fin de preservar a seguridade dos usuarios das vías provinciais, verémonos na obriga de tomar medidas xudiciais”, indicou o voceiro.




















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



