A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ UNHA CHARLA DA SECRETARIA XERAL DE URBANISMO, ENCARNA RIVAS, PARA FALAR DA PLANIFICACIÓN DO TERRITORIO. A ALCALDESA CONSIDERA QUE É UN ACTO MOI INTERESANTE PARA TODOS OS VECIÑOS.
Lourenzá, 9 de febreiro de 2013. O día 19 deste mes de febreiro, martes, ás sete e media da tarde a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, impartirá no salón de actos da casa da cultura de Lourenzá unha charla informativa co título “A planificación do territorio como ferramenta de convivencia”.
A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, considera que é unha actividade “súper interesante para todos os veciños, porque ademais da parte ilustrativa que haberá na súa exposición a idea é poder resolver todas aquelas dúbidas que sexan plantexadas polas persoas que veñan a ela. Pareceunos moi adecuado dar este tipo de charla no concello e tratar de difundila o máximo posible para que haxa o maior número de veciños, posto que o Concello de Lourenzá está adherido á Axencia da Protección e Legalidade Urbanística, temos algún caso inspeccionado pola propia axencia e eu creo que sempre vale máis previr que lamentar”.
Emma Álvarez engadiu que un dos obxectivos do acto é “dar a coñecer a obrigatoriedade que teñen as persoas de solicitar as licenzas para as obras que vaian realizar, tamén a importancia que ten adecuar as obras ao proxecto para o cal se concedeu a licenza e, ao mesmo tempo, ter moito en conta o territorio no que se vai facer: si ten algún tipo de protección especial, como pode ser Rede Natura, aínda que este concello ten un porcentaxe moi baixiño, de apenas un 3 por cen, e tamén como pode ser preto do Camiño de Santiago ou estar na área de influencia dun ben de interese cultural, como un simple hórreo, que ten que pasar por unha comisión de Patrimonio. Son cousas que moitos veciños ignoran e á hora da verdade pode supoñer serios problemas, como o que estamos vendo ultimamente por exemplo en Becerreá, onde hai unha orden de derrubamento dunha casa que está fóra de ordenación. Para evitar este tipo de cuestións pareceunos oportuno ter esta charla para que polo menos os veciños de Lourenzá se dean por informados e non sexa por descoñecemento”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



