Con San Valentín chega a 3ª festa da cociña afrodisíaca que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. Unha vintena de locais hostaleiros ofrecerán o venres 15 e o sábado 16 sorprendentes racións de mariscos e doutros produtos afrodisíacos. Desde a directiva o presidente, José Carlos Paleo, indica que “seguimos na liña da consolidación das festas gastronómicas que organizamos mensualmente co obxectivo de potenciar a nosa hostalería local”. Os establecementos participantes na 3ª festa da cociña afrodisíaca son: A Funcional, A Maseira, A Rula, Acuario, Dallas, Happy Days, May-Ros, Xoyma, Anduriña, Fina, Portovello, Leytón, O Tangarte, Namarinos, Xoiña (pizzería), O Lar, Costumes do Mar, Dandy e O Tangarte Mariñeiro. Nesta cita gastronómica serviránse racións e tamén tapas (estas últimas por 1 euro).
