A axencia de viaxes Eroski Viajes de Burela presenta este venres 15 de febreiro o plan de viaxes en grupo para este ano 2013. Será no salón de actos da Cofradía de Pescadores de Burela ás 9 da noite. Da man de Politours, Costa Cruceros e Costas Galicia, a axencia presenta unha variada oferta de saídas tanto nacionais como internacionais, que levarán aos viaxeiros mariñáns ata o País Vasco, Cádiz, cruceiros polo Duero ou Mediterráneo, ou ata Tailandia, que será a viaxe estrela da tempada. Unha das principais vantaxes destas saídas é que todas parten directamente desde A Mariña.
Eroski Viajes de Burela presenta a súa oferta de destinos para o 2013
Eroski Viajes de Burela presenta a súa oferta de destinos para o 2013
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162