A RECOLLIDA DE ACEITES VEXETAIS INCREMENTOUSE EN BURELA NUN 71% DURANTE O PASADO ANO. PATRICIA LÓPEZ EIJO ATRIBÚE ESTA MELLORA Á MODIFICACIÓN REALIZADA NO SISTEMA DE DEPÓSITO EN FEBREIRO DE 2012.
Burela, 16 de febreiro de 2013. A recollida de aceites vexetais incrementouse en Burela nun 71% durante o ano 2012, segundo os datos que deu a coñecer nesta xornada a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo.
En total recolléronse o pasado ano 3.060 litros de residuos de aceites vexetais fronte aos 1.790 de 2011. A edil popular explica que “en vista de que a aportación cidadá de residuos vexetais decrecía ano tras ano, en febreiro de 2012 procedemos a modificar o modelo de depósito para que os veciños e as veciñas de Burela poidan deixar eses residuos en botellas pechadas directamente no colector, sen necesidade de proceder ao vaciado das mesmas, tal e como acontecía anteriormente”.
López Eijo sinala que “o éxito da iniciativa reflíctese na cantidade de residuos de aceites vexetais recollidos, 3.060 litros, un 71% máis que no ano 2011”. E subliñou que “con esta conduta o ano pasado evitamos contaminar 3.366 metros cúbicos de auga, é dicir o consumo de auga de uso doméstico dos veciños de Burela durante preto de tres días”. No 2011 foron só 1.969 metros cúbicos de auga os que se evitaron contaminar, o que supón o consumo de auga de día e medio por parte da poboación burelesa.
Nos datos facilitados pola Concellería de Medio Ambiente recóllese que a produción estimada en Burela de residuos de aceites vexetais ao día está en 105,55 litros/día e a porcentaxe recollida sobre dita produción estimada situouse o ano pasado no 7,92%, fronte ao 4,67% do 2011.
Patricia López amósase satisfeita con estes datos, pero agarda que “a xente se siga a concienciar da importancia que ten a reciclaxe destes residuos para preservar o noso medio ambiente. Desde o equipo de goberno seguiremos a insistir con campañas informativas e de concienciación. Non podemos baixar a guardia. Temos que seguir mellorando pouco a pouco estas cifras”.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



