PORTOS DE GALICIA REDUCIU O CONSUMO DE ELECTRICIDADE NOS PEIRAOS DA COSTA CANTÁBRICA NUN 47,8% AO LONGO DE 2012
Santiago, 17 de febreiro de 2012.- Portos de Galicia conseguiu reducir unha media dun 47,8% o consumo de enerxía eléctrica nas dársenas da costa cantábrica durante o ano 2012 coa posta en funcionamento da primeira fase do Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética. A Zona Norte, entre Ribadeo e Ares, foi a franxa litoral que rexistrou un resultado máis favorable no balance do plan posto en marcha polo ente público o pasado ano.
O Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética establece a alternancia de funcionamento das fases de luminarias durante unhas horas da madrugada, de xeito que non todos os puntos de luz estean operativos ao mesmo tempo nin funcionen cunha potencia máxima. Deste xeito, redúcese o alumeado público nas zonas portuarias de menor tránsito, como viais e explanadas, mantendo os mesmos puntos de luz nas zonas de traballo e peiraos de atraque para garantir a seguridade dos usuarios.
Os datos obtidos ao peche de 2012 revelan o éxito da medida, que se traduciu nun aforro de case a metade do gasto eléctrico na citada franxa litoral. A contención do gasto de electricidade é especialmente reseñable en peiraos como os do Vicedo no que se reduciu un 63,7%, na pasada anualidade; a zona de marina seca Ribadeo, que baixou un 63,4%; o peirao de Espasante (Ortigueira), cun aforro do 62,2%; ou o porto pesqueiro de Burela, cun 59,6%.
A maiores do recorte no gasto, esta medida é un novo factor cualitativo de cara á solicitude da certificación europea de calidade e sostibilidade ambiental EMAS que Portos de Galicia está a tramitar para a os peiraos da costa cantábrica e que pretende estender ao conxunto do litoral galego. O plan de aforro permite reducir o gasto económico, rebaixando tamén o impacto ambiental da actividade portuaria, ao tempo que garantiza a plena operatividade das instalacións.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



